mércores, 29 de xaneiro de 2025

FALADOIRO DO MUÍÑO 12

 FALADOIRO: "UN BARCO DE PESCA"

Óscar, o avó de Alejandra, veu á clase a contarnos como é un barco de pesca por dentro. Que sorte tivemos! Ensinounos moitísimas fotos do interior do barco e tamén vídeos do proceso de pesca de gambas e merluzas,... como os clasifican, empaquetan e conxelan en alta mar. 

Ademais, como estivo na Patagonia, puido ver de cerca pingüíns e leóns mariños. Contounos moitas cousas dos seus costumes: a onde van aniñar, como se emparellan, etc.

Moitas grazas pola túa colaboración.

Preme na imaxe



xoves, 16 de xaneiro de 2025

MODO GALEGO ACTÍVAO!

 

Hoxe, día 16 de xaneiro, tivo lugar o acto de presentación da nova edición  do proxecto "Modo galego, actívao! " no C.E.I.P "A Maía" 


Ao acto asistiron o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes; o alcalde e concelleiro de Normalización Lingüística de Ames, Blas García; a concelleira de Planificación e Xestión Educativa, Carmen Porto; a técnica do Servizo de Normalización Lingüística de Ames, Rosa Moreiras; a directora do CEIP A Maía, Isabel Abelleira; o lingüísta Henrique Monteagudo e  representantes dos equipos directivos e de dinamización e normalización lingüística dos centros de ensino, así como das ANPAS e do alumnado.


Con este proxecto impulsado pola Real Academia Galega e o Concello de Ames preténdese impulsar a inmersión lingüística durante 21 días é dicir, falar galego o máximo posible con todo o mundo e en todos os contextos da vida cotiá, dentro e fóra das aulas, xogando e conversando coas amizades, nas tendas, nas actividades extraescolares, etc.

ACTIVEMOS O MODO GALEGO !

mércores, 8 de xaneiro de 2025

ANO DE CASTELAO


 A Xunta de galicia declarou 2025 como "Ano de Castelao" en homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, a gran figura intelectual, política e histórica do nacionalismo antifascista galego, por cumplirse 75 anos da súa morte este 7 de xaneiro.

O alumnado de 6º de E.P fixo esta fermosa exposición titulada 

"Palabras de Castelao":


venres, 20 de decembro de 2024

Concurso de postais de Nadal

 Os nenos e nenas do CEIP Agro do Muíño estiveron estes días argallando as súas xa tradicionais postais de Nadal e así de chulas quedaron. 







xoves, 19 de decembro de 2024

OBRADOIRO DE REGUEIFA

 Obradoiro de regueifa con Lupe Blanco e Josiño da Teixeira para o alumnado de 5°. 

Parabéns por achegarnos dun xeito tan lúdico un anaquiño da nosa cultura. 

Mil grazas.

PREME NA IMAXE



martes, 17 de decembro de 2024

GUÍA DE NADAL 2024

 Aquí vos deixamos a guía de recomendacións lectoras para este Nadal que elabora a rede de bibliotecas escolares do Concello de Ames. 

Botádelle un ollo!



luns, 16 de decembro de 2024

FALADOIRO DO MUÍÑO 11

 Nesta ocasión, Irene García, realizou o faladoiro “O que atopamos” no mar, na aula de 2º B.

Moitas grazas pola túa colaboración.

Preme na imaxe






venres, 13 de decembro de 2024

FALADOIRO DO MUÍÑO 9

 Nesta ocasión, realizou Mercedes o Faladoiro :" O voluntariado" na aula de 4 anos A.

Moitas grazas pola túa colaboración.

Preme na imaxe



mércores, 11 de decembro de 2024

FALADOIRO DO MUÍÑO 8

 André García, realizou o Faladoiro “Adestramento e vixiancia das costas” co alumnado de 4º B e 6º B de primaria.

Moitas grazas pola túa colaboración.

Preme na imaxe



luns, 2 de decembro de 2024

O Mes da Ciencia en galego nas bibliotecas escolares

 No mes de novembro, aínda que a biblioteca non está preparada pero contamos coas nosas propias maletas de experimentos que realizáronse o curso pasado, os alumnos e alumnas convertíronse en verdadeiros científicos e levaron a cabo diferentes experimentos, nas súas propias aulas ou no novo espazo de Polos Creativos. 

Aquí vos deixamos unha pequena recompilación dalgúns deles. 

Pincha na imaxe para ver o vídeo.

Uns expertos e expertas en ciencia!



FALADOIRO DO MUÍÑO 7

Leticia Novás, realizou o faladoiro “Maruxainas”, na aula de 4º B.

Moitas grazas pola túa colaboración.

Prema na imaxe



venres, 29 de novembro de 2024

FALADOIRO DO MUÍÑO 6

 “Coidemos o mar” é o faladoiro que Jose Manuel Olveira, realizou co alumnado do 6º C.

Moitas grazas pola túa colaboración.

Preme na imaxe