O alumnado de Educación Infantil celebrou o Día das Bibliotecas Escolares visitando a nosa querida AgroBiblio, un espazo cheo de contos, cores e ilusión.
Durante a visita, lembraron quen son as nosas mascotas, Leo e Lea, que lles deron a benvida e lles falaron do proxecto deste curso: “Agronautas en órbita”.
Tamén coñeceron AgroOnda, a nosa radio escolar, onde as historias e as voces do cole tamén viaxan polo aire.
Para conmemorar este día tan especial, cada neno e nena recibiu dúas pegatinas: unha de Leo e Lea co logo do proxecto “Agronautas en órbita” e outra da nosa radio AgroOnda.
Ademais, realizaron uns marcapáxinas moi bonitos para levar á casa e lembrar que ler é unha aventura marabillosa.
Foi unha mañá chea de sorrisos, descubrimentos e moita maxia arredor dos libros.
PREME NA IMAXE
