miércoles, 17 de marzo de 2021

UN CAMIÑO CHEO DE CONTOS

 



ESTIMADAS FAMILIAS: 

Durante o presente curso estamos a traballar o proxecto interdisciplinar :“PASIÑO A PASIÑO FACEMOS O CAMIÑO”, fomentando así o noso patrimonio cultural. Como un dos nosos principais obxectivos é implicar a toda a comunidade educativa e este curso se veu condicionado pola pandemia, gustaríanos organizar unha actividade virtual na que poidan participar as familias para fomentar o hábito lector entre o noso alumnado.

Dado que no mes de abril se celebra o mes do libro, invitámosvos a gravarvos contando un conto e/ou algunha historia relacionada co CAMIÑO. Poderá ser contado, lido, con monicreques, teatriño,... e poderán participar os conviventes que o desexen. 

Posteriormente colgarémolo no blog da biblioteca do centro. Todas as familias que queiran participar poderán enviar o vídeo en formato mp4 ao correo do blog: agromuinobiblio@gmail.com. indicando en dito correo o nome e curso do neno así como o título do conto. 

Poderanse enviar desde o día 22 de marzo ata o 16 de abril.

lunes, 15 de marzo de 2021

Semana da Prensa 2021

 

O calendario escolar para o curso 2020/2021 contempla a celebración dunha "Semana da Prensa" na semana do 8 ao 12 de marzo. Velaquí algúns traballos realizados nas nosas aulas:


domingo, 14 de marzo de 2021

FACENDO CAMIÑO NO 8M

 Aquí están algúns dos traballos do noso alumnado 

para conmemorar o Día Internacional da Muller

QUERO SER COMA ELAS!!!

Traballo realizado polo alumnado de 5º C

lunes, 8 de marzo de 2021

8M Día Internacional da Muller

 


Día Internacional da Muller 2021 reivindica os dereitos das mulleres  baixo o lema:  “Mulleres líderes: Por un futuro igualitario no mundo da  Covid-19”, celebra os enormes esforzos realizados por mulleres e nenas de todo o mundo á hora de definir un futuro máis igualitario e a recuperación ante a pandemia de  Covid-19, e resalta as deficiencias que persisten. A campaña da ONU pretende mobilizar a todas as persoas, incidindo en que coa participación e o liderado plenos e efectivos das mulleres en todos os ámbitos da vida conséguese o progreso para todo o mundo.

A Axenda 2030 marca como obxectivo número 5: Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas. As bibliotecas deben apoiar a igualdade de xéneros e ofrecer lugares, e actividades, de encontro e empoderamento.

Nesta ocasión, o alumnado de 4º e 6º de Primaria realizaron uns carteis para fomentar a igualdade, a través dunha acción que visualice a contribución das mulleres nos distintos ámbitos e promova a reflexión sobre os estereotipos de xénero que aínda existen na sociedade.


Tamén, as alumnas e os alumnos do CEIP Agro do Muíño celebran este ano o “Día da Muller” coa gravación dun vídeo no que interpretan a canción de Rozalén “A Porta Violeta”, un canto a prol da igualdade e dos dereitos das mulleres, que pode ser escoitado en Ames Radio.


E dende o comedor... O alumnado usuario do comedor realizou esta actividade cos monitores/as. Precioso traballo!!!



lunes, 1 de marzo de 2021

A LUZ DE ROSALÍA

 Co gallo do mes de Rosalía, o Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración cos equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos de infantil e primaria do concello, pon en marcha “A luz de Rosalía”, unha intervención poética urbana que inzará de versos rosalianos os farois das rúas máis transitadas do municipio.  Profesorado e alumnado traballa esta primeira quincena de febreiro na escolla dos versos, mentres que a Concellaría de Normalización Lingüística comezou xa a repartir polos centros educativos os soportes nos que, ademais das palabras de Rosalía elixidas por cada centro, sinalarase a aula que realizou o traballo e o colexio ao que pertence. Desde o 22 de febreiro até o 7 de marzo, toda a veciñanza poderá gozar desta exposición urbana coa que se conmemora o aniversario da poeta.

Participan no proxecto o CEIP Agro do Muíño, os CEIP de A Maía, Barouta e Ventín, a Escola Infantil do Milladoiro e as escolas unitarias de Covas e da Tarroeira.

Este foi o resultado do noso alumnado!!!