martes, 11 de noviembre de 2014

V XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/redeBE/course/view.php?id=21
O venres e o sábado, días 7 e 8 de novembro tivo lugar no Pazo de Congresos de Santiago as V Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia. Contou coa asistencia dun milleiro de profesionais do ensino que tiveron a ledicia de compartir experiencias variadas realizadas dende as bibliotecas escolares dos diferentes Centros Educativos. Escoitamos tamén a  voz de expertos: Mónica Baró, Javier Guillar, José Manuel Pérez Tornero e Ricardo Gómez que abreu as Xornadas cunha deliciosa conferencia que levaba por título:
 "A Mazá Envelenada de Brancaneves". Deixounos a reflexión de  que outro mundo é posible no eido educativo.
   Se queres acceder aos materiais preme na imaxe.

miércoles, 5 de noviembre de 2014

BRUXAS E APÓCEMAS POLO SAMAÍN

Dende o Equipo da Biblioteca propuxemos a todas as aulas do Centro a realización dun traballo sobre BRUXAS E AS SÚAS APÓCEMAS tendo en conta os seguintes obxectivos:

  • TRABALLAR TEXTOS DE DIFERENTE TIPOLOXÍA
  • ELABORAR TEXTOS DESCRITIVOS SOBRE PERSOAS.
  • UTILIZAR AS APÓCEMAS COMO RECURSO PARA TRABALLAR A RECEITA.
  • DESENVOLVER A CREATIVIDADE DO ALUMNADO
  • DISFRUTAR DAS PRODUCIÓNS PLÁSTICAS PROPIAS
  • COÑECER AS FESTAS E TRADICIÓN PROPIAS DE GALICIA . 
Elaboramos un video co resultado final que podedes visionar.

                          

lunes, 3 de noviembre de 2014

PARABÉNS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

PREMIADOS
 NO CONCURSO PARA O IMPULSO E RECOÑECEMENTO DE TRABALLOS POR PROXECTOS, NO CONTEXTO DO PLAN LÍA 2010-2015 DE BIBLIOTECAS ESCOLARES.

 A COMUNIDADE EDUCATIVA  do C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO sentímonos moi contentos e satisfeitos ao ser galardoados na Primeira Convocatoria do Concurso de Traballos por Proxectos, dentro da temática PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS, COORDINADOS DESDE A BIBLIOTECA ESCOLAR na temática CIENCIAS co proxecto desenvolvido no Centro no curso 2013-14 que leva por título :        
  RIADA DE LIBROS

http://www.slideshare.net/xistina/riada-de-libros-biblioteca-escolar-ceip-agro-do-muo-201314 

Queremos dar as grazas a todos vós rapaces e rapazas, titores, especialistas, auxiliares coidadoras,  pais, nais, e institucións (Anpa, Concello de Ames, Adega) por facelo posible.
Vaia tamén o noso agradecemento á Asesoría de Bibliotecas Escolares polo pulo dado ás Bibliotecas Escolares nos Centros Educativos de Galicia e por sementar a importancia educativa dos proxectos multiciplinares tendo como eixo a BIBLIOTECA ESCOLAR,  no contexto dun  traballo colaborativo

PARABÉNS A TODOS OS CENTROS GALARDOADOS
     

sábado, 1 de noviembre de 2014

SAMAÍN (EN COLABORACIÓN COAS FAMILIAS)

Ao igual que nestes anos anteriores pedimos a colaboración das familias para a elaboración das cabazas para celebrar o SAMAÍN. Solicitamos que a ser posible tiveran relación co proxecto multidisciplinar deste curso BOCADIÑOS DE PALABRAS. Coma sempre fixeron gala dunha grande creatividade nos seus traballos: A horta, a alimentación e os alimentos estiveron presentes nas súas ralizacións plásticas. Fixemos unha pequena presentación con aquelas que entendíamos estaban máis relacionadas co Proxecto. Damos as grazas as familias por implicarse sempre nas tarefas educativas propostas.