viernes, 18 de diciembre de 2020

GUÍA DE LECTURA: NADAL PEREGRINO DE CONTOS 2020

 


O comezo deste novo curso escolar foi o máis atípico que coñecemos todos.

Dende toda a comunidade educativa, queremos darvos os nosos parabéns pola vosa colaboración, axuda e conciencia.

Neste documento deixámosvos a nosas recomendacións para os diferentes niveis que dende os equipos de Bibliotecas escolares dos centros públicos de Ames elaboramos. Pretenden ser unha recomendación de libros que nos parecen interesantes.


Desexámosvos un Nadal cheo de alegría e saúde.

Vémonos no 2021!




jueves, 17 de diciembre de 2020

Gañadores das postais de Nadal

 A continuación podedes ver aos gañadores das postais e os seus agasallos.

PREME NA IMAXE




POSTAIS DO NADAL

 

O equipo de EDLG do cole, organiza o Concurso de Postais do Nadal.

Neste primeiro vídeo podedes ver a imaxinación do noso alumnado.



E neste vídeo as postais gañadoras!!!


DÚAS ALUMNAS ESCRITORAS DE TERROR

 

Os contos de terror de dúas alumnas do noso centro foron seleccionados polo xurado na primeira edición do Certame Literario “Territorio Vákner”.


Terceiro premio. «Pelos na almofada», de Julia Abelleira Ferreiro. 

Quinto premio. «A lenda da nena do Camiño», de Zoe Glasscock. 

Moitos parabéns para Julia e Zoe!!!!





Este certame foi dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria dos concellos polos que discorre o #Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía.
Coincidindo coa celebración do #Samaín e ás portas do #Xacobeo2021, La Voz de Galicia e Radio Voz impulsan este certame, que acollerá contos dun máximo de 1.500 caracteres.
Certame promovido coa colaboración dos concellos do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía: Ames, Cee, Corcubión, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Negreira, Santa Comba e Santiago de Compostela.

UN MONSTRO DO MEDIEVO NO CAMIÑO DE FISTERRA E MUXÍA

Estades a punto de introduciros nun territorio mítico e descoñecido, nun mundo de lenda e misterio, nunha época de cambios e descubrimentos para a humanidade. Un obispo, Mártir de Arzendján, un monstro e as enigmáticas terras de Dumbría forman parte dun relato que os fará recorrer estos lugares con cuidado e precaución.



A ciencia pasiño a pasiño

 


martes, 24 de noviembre de 2020

25 N -CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 A NOSA BIBLIOTECA XA ESTÁ PREPARADA PARA O 25 N, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. 

"A ÚNICA PERSOA QUE ESTARÁ CONTIGO TODA A VIDA, ERES TI.

POLO QUE ÁMATE, CONSIDÉRATE, CUÍDATE E VIVE ORGULLOSA DE TI"


Preparamos unha selección de libros que seguro vos resultarán interesantes que podedes atopar na biblioteca.

Xuntos podemos!

viernes, 20 de noviembre de 2020

20 DE NOVEMBRO / DÍA DA INFANCIA

 


O Día da Infancia conmemórase todos os anos o 20 de novembro, adicado a todos os nenos e nenas do mundo. É un día para celebrar os avances conseguidos, pero tamén para lembrar aos nenos e nenas que se atopan nunha situación desfavorecida; dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas sobre a importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.


O obxectivo principal do Día da Infancia é lembrar á cidadanía que os nenos e nenas son un dos colectivos máis vulnerables, e polo tanto, que máis situacións de crise sufren nos distintos problemas do mundo.


Este día mundial lembra que todos os nenos e nenas teñen dereito á saúde, á educación, á identidade, á protección, a xogar, á súa liberdade de expresión, á alimentación e á vivienda, con independencia do lugar do mundo no que naceran.


Por iso, no noso colexio conmemoramos este día, para lembrar e recoñecer os dereitos dos nenos e nenas, que adquiren unha especial relevancia nestes momentos de crise mundial.


jueves, 19 de noviembre de 2020

Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Biliotecas

 


Como xa é tradicional no centro, en novembro sumámonos á iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para celebrar o Mes da ciencia en galego, que este ano conta co manifesto "O feitizo da ciencia" elaborado polo investigador e divulgador científico Xurxo Mariño.

Aqui podedes ver o experimento da clase de 5º C
"Atrapado na botella"

lunes, 9 de noviembre de 2020

Samaín 20

 

Entre o 31 de outubro e o 1 de novembro, celebramos o SAMAÍN, festividade de tradición Celta, que marca o remate de tempada de colleita e o comezo do inverno.



Este curso, pola situación de pandemia que estamos a vivir, vímonos na obriga de cambiar  a perspectiva da nosa celebración cunha proposta nova:


En colaboración coas familias, elaborar un sendeiro con bastóns de peregrinos, coa cabaza característica destes e que quedasen  durante unha tempada expostos no exterior do centro como símbolo da nosa peregrinaxe....

Este foi o resultado!!!


Moitas grazas pola vosa colaboración!!!

Tamén o alumnado participou lendo contos de medo de distintos exemplares que temos na biblioteca!




lunes, 2 de noviembre de 2020

Mesas preparadas!!!

 Xa temos as mesas da nosa bilioteca preparadas!!

Utilizaránse as que están marcadas para así poder manter a distancia de seguridade e poder gozar deste espacio tan motivador e recreativo!!!




miércoles, 28 de octubre de 2020

NOVIDADES

 

Xa están aquí as primeiras novidades deste curso!!!

Pincha na imaxe para descubrilas!!!




ACTIVIDADE NA NATUREZA: SENDEIRISMO

 Outra actividade física ao aire libre promovida dende a área de educación física e moi vinculada co proxecto de centro “ Pasiño a pasiño facemos o camiño “ é a saída de sendeirismo. Desta vez, centrouse no camiño de Fisterra dado que pasa polo concello de Ames no traxecto de Santiago a Negreira. Faise por aulas dada a situación provocada pola pandemia para manter o grupo estable. Ata o momento levamos feitas varias e continuaremos co resto de grupos de terceiro a sexto de primaria, en función da climatoloxía.

Previamente á saída elaborouse un arquivo con información relacionada co camiño de Fisterra, facendo fincapé no tramo que pasa polo concello de Ames. Tanto este arquivo como o vídeo explicativo “ Sendeirismo unha actividade saudable “ foron  expostos na área de educación física na aula virtual para traballalos cos alumnos antes da saída.

Trátase dunha andaina dende Santiago ( onde podemos divisar as torres da Catedral ) ata o Alto do Vento ou ata Aguapesada no concello de Ames. É un percorrido de aproximadamente 9 ou 12 km respectivamente. Os cursos máis baixos realizan o máis curto e os máis altos o máis longo.








ACTIVIDADE NA NATUREZA: ORIENTACIÓN EN 6º DE PRIMARIA

 

Este curso debido á Covid 19, a actividade física de orientación de educación física só puido realizarse con 6º de primaria. O día 30 de setembro fixérona 6º A e 6º C e o 9 de outubro 6º B.

Nesta ocasión estivo relacionada co camiño de Santiago, concretamente coa ruta do Camiño francés.

Previamente á realización práctica desta actividade ao aire libre no parque de Bertamiráns, coméntaselles aos alumnos a información máis relevante relativa ao camiño de Santiago, en particular á ruta do Camiño francés. Dita información quedou á disposición do alumnado en Edixgal na área de educación física para a súa posible consulta posterior.

Tratábase de facer un percorrido polo parque de dez balizas. Cada baliza tiña unha pista: unha imaxe, palabra ou data relacionada coas etapas do Camiño francés. De 5 en 5 minutos saían correndo dous alumnos-as, concretamente o número par e o impar. Cada un levaba un mapa do parque no que aparecía a situación das balizas, a credencial coas 10 balizas relativas as etapas do camiño, un reloxo e un bolígrafo.  Os alumnos pares na súa credencial tiñan completas as pistas das balizas 1, 3, 5, 7 e 9 e debían cumprimentar as pares poñendo o indicado nas balizas 2, 4, 6, 8 e 10. Así mesmo, os impares nas súas credenciais debían facer a inversa. Desta forma cada alumno completaría na credencial 5 ocos, tendo en conta que dispoñía de 15´para facer o percorrido completo e atopar as 5 pistas correspondentes. Unha vez finalizado todo o percorrido por todo o alumnado, procedeuse a que cada un verificara os acertos obtidos.

Ao remate da actividade fíxoselles entrega dunha “ Compostela ” elaborada para mesma e acreditando a súa participación.







AS NOSAS PORTAS

 Dentro do noso PDI: "Pasiño a pasiño facemos o camiño" decoramos as nosas portas de aula para ir ambientando o noso cole ao noso alumnado.

Espero que vos gusten!!!

PINCHA NA IMAXE



Xeografías Lectoras na Biblioteca Escolar

 A Asesoría de BE publica o lema e o cartel para o presente curso, poñendo o foco nas posibilidades que ofrece a Biblioteca Escolar para a construción da persoa lectora a través das diferentes actividades que programa, recursos, itinerarios lectores...

Inspirador e motivador o cartel e o lema elexido pola Asesoría, un mundo de posibilidades a través da biblioteca como elemento imprescindible en toda escola e dinamizador de aprendizaxes.

XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR


Nós, na liña proposta pola Asesoría, camiñaremos nun camiño de aprendizaxes vertebrados polo noso PDI anual, que forma parte do Plan Lector.
No Plan Lector tamén se recollen os hábitos e itinerarios lectores, que inclúen, entre outros, os libros de lectura do presente curso con calidade contrastada e dinamizando a lingua.


Exploremos, pois, o mundo de posibilidades lectoras para construír a nosa xeografía persoal e social perseguindo sempre...UN MUNDO MELLOR.

lunes, 26 de octubre de 2020

24 de outrubro: Día das Biliotecas Escolares

 Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas. 

As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que están sempre ao noso carón. 

A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS. 

Por iso, para celebrar este día, e porque este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia é "Xeografías Lectoras na biblioteca escolar", as nenas e nenos do noso colexio, investigaron sobre monumentos e lugares históricos do noso concello dentro do noso PDI"Pasiño a pasiño facemos o camiño", e realizouse unha "GUÍA PARA PEREGRINOS DO CONCELLO DE AMES", para que todos aqueles peregrinos e peregrinas que realizan o camiño de Santiago e pasan por Ames, poidan gozar e coñecer a riqueza do noso patrimonio.

miércoles, 14 de octubre de 2020

PDI: " PASIÑO A PASIÑO FACEMOS O CAMIÑO"

 No presente curso iniciaremos o PDI "Pasiño a pasiño facemos o camiño"  aproveitando que, o vindeiro ano se celebra o "Xacobeo 2021" e vencellado ademáis, ao Proxecta sobre Educación Patrimonial.

Faremos diferentes roteiros polos dous camiños que imos traballar, o camiño portugués e o de Fisterra, dado que son os dous que pasan polo noso concello; descubrindo deste xeito, a xeografía, a cultura, a gastronomía, a historia e moitas cousas máis destes camiños.

Plantexámonos que dito proxecto, terá unha duración de dous cursos académicos para poder afondar sobre este tema.



domingo, 4 de octubre de 2020

Protocolo para desfrutar da biblio

 Ola!!!


Aquí vos traemos, como prometimos, unhas normas para poder volver desfrutar da biblio da forma máis segura posible... así tedes tempo para ir revisando e botando unha ollada! E por suposto, se tedes algunha dúbida podedes preguntar!!

Primeiro, unha pequena infografía coa información máis básica!

INFOGRAFÍA


E aquí, unha presentación con algunhas cousas máis explicadas...


Estamos seguros de que entre todos/as, poderemos ter ao virus afastado do noso cole!!

Por certo, tede en conta que poden sufrir modificacións 
se hai instruccións novas! Pero irémosvos avisando de todo!

martes, 29 de septiembre de 2020

COMEZAMOS!!!

 Benvida dende "AGROBIBLIO" para este novo curso 2020/21

Ola, dende o equipo de dinamización da biblioteca escolar damos a benvida a toda a comunidade educativa do noso centro educativo, neste curso tan complicado, marcado polas adaptacións ao protocolo do 
Covid- 19.

Leopoldo, que adoita estar na biblioteca adicado aos seus labores, da tamén, a benvida a todas as nenas, nenos, mestres, mestras..., neste comezo do curso.

De tódolos xeitos, temos que ser positivos e agardamos que sexa un curso coma todos os demais cheo de propostas e actividades.




sábado, 20 de junio de 2020

DESPEDIDA

Estamos en tempo de despedidas.... por un lado está a rematar este curso tan estraño e por outro, a biblioteca queda orfa porque unha das persoas máis importantes que contribuíu a que ano tras ano este equipo seguira funcionando XUBÍLASE.

É un merecido descanso alegrámonos por ela, pero nós tamén quedamos orfos da súa sabedoría, compañerismo, do seu traballo, e do seu saber sempre qué facer.
Chegou aquí xa fai doce anos, cun grupo de mestres que querían e tíñan moitas ganas de poñer a funcionar este novo colexio chamado "Agro do Muiño". Formou parte desde o primeiro intre do equipo de biblioteca, e soubo e quixo que esta fora a columna vertebral do noso centro. 

Co seu coñecemento e o seu gusto polo traballo,  sempre sabía cal era o camiño a seguir. Soubo coma ninguén transmitir un mundo de entendemento aos seus alumnos. Eles tamén quedarán orfos da súa sabedoría. Ninguén coma ela escoitaba, día tras día, aos pais preocupados pola educación dos seus fillos.

Só agradecerlle infinitamente todo o que fixo por esta biblioteca, polo colexio, alumnos, pais e por nós mesmos. Xa é hora de comenzar outra etapa. Disfrutar da familia, amigos,.... Realizar todas aquelas actividades (que son moitas) que a fagan feliz.

Todas estas verbas, como sabemos, son para ela,...son para ti, CRIS PIÑEIRO.


SEMPRE SERÁS UN ANAQUIÑO OU GRAN ANAQUIÑO DESTE EQUIPO DE BIBLIOTECA.

BO VERÁN PARA TODOS E TODAS!!! 
VÉMONOS DE NOVO EN SETEMBRO.


miércoles, 17 de junio de 2020

MEMORIA FOTOGRÁFICA "UN CURSO DE PELÍCULA"

Aquí tedes a memoria fotográfica do proxecto documental integrado que se levou a cabo no presente curso. Nel quixemos recoller aqueles aspectos máis salientables e significativos para o noso alumnado. Este ano, como o seu título indica foi de película, cun terceiro trimestre estraño debido ao COVID-19. Nela recóllense tanto as tarefas feitas de modo presencial como as realizadas de xeito virtual.
Esperamos que vos guste, fixémola con moito agarimo e esforzo.

martes, 16 de junio de 2020

GUÍA DE LECTURAS DE VERÁN 2020

Xa se achega o verán, e este ano máis que nunca temos ganas de desfrutar do aire libre e para iso nada mellor que a compaña dun bo libro.
A rede de bibliotecas escolares dos centros públicos do Concello de Ames confeccionamos esta guía de lecturas para o verán con diferentes propostas literarias que esperamos que sexan do voso agrado e que vos axuden a gozar destes meses estivais.

jueves, 28 de mayo de 2020

NOVA REVISTA

Chega unha nova entrega da revista AGRO, a do mes de abril. Elaborada polo alumnado de 6ºA do Agro do Muiño. NORABOA!!!

miércoles, 27 de mayo de 2020

TRABALLANDO AS LETRAS GALEGAS

Aquí vos deixamos unha mostra do traballo realizado polo noso alumnado nestas datas:


lunes, 11 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

 Estamos a conmemorar a semana da nosa lingua, a Semana das Letras Galegas. Este ano está adicada a Ricardo Carvalho Calero e ímola celebrar dun xeito especial desde as nosas casas.

O EDLG do centro propúxolle ao alumnado de primaria facer poemas partindo do título: "Contáxiome co galego. Coróome como poeta." 
No conto de Carvalho Calero “As pitas baixo a choiva ”, o poeta  observaba nun serán, detrás dunha fiestra, como se mollaban as pitas. Por iso se lle pide ao alumnado que unha vez creado o poema o ilustren e peguen nas súas fiestras. Asemade, farán unha foto e enviarana aos titores.

O equipo de infantil propúxolles aos pequenos escoller unha palabra, decorala e enviala nunha foto ou vídeo.

A mestra de música está traballando co seu alumnado as seguintes cancións con motivo desta data. Premede nelas se queredes escoitalas:

Tamén queremos poñer á vosa disposición actividades interactivas, e para imprimir propostas polo Seminario Galán para os diferentes niveis educativos. Premede na imaxe para máis información:

E por último deixámosvos un panel onde se recollen numerosos recursos elaborados por diferentes centros educativos e recopilados polo Ceip Amor Ruibal.Barro.


domingo, 10 de mayo de 2020

EXPOSICIÓNS NO CONFINAMENTO

Ao longo do mes de maio estaba previsto que o alumnado expuxera aos compañeiros do centro as súas produccións. Como non foi posible facelo presencialmente os nenos/as de 4º fixéron outros tipos de exposicións telemáticamente. 
Amosamos algúns exemplos de exposición de maquetas do curso dun río:

              
             

lunes, 4 de mayo de 2020

REVISTA

Neste curso na aula de 6º A, o mestre Adrián dun xeito divertido e diferente, tratou de despertar no seu alumnado moitas curiosidades polo mundo lles rodea.
Así naceu nesta aula a revista "AGRO" con edicións especiais como a do mes de marzo dedicada á MULLER.
Todos se convertiron en xornalistas, escribindo artigos de gran calidade. Neles recollen desde viaxes, música, literatura, arte, ciencias, entrevistas,.... sen esquecer o proxecto deste ano "Un curso de película" cunha reportaxe de Jean-Baptiste Maurnier. 
En definitiva, como eles mesmos din "unha revista para todos os gustos".

Os nosos parabéns a Adrián e aos nenos/as de 6º A por este traballo tan ben feito e profesional.

Convidámosvos a lela:

viernes, 24 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO: 23 DE ABRIL



O 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor  e desde a Consellería de Educación, Universidade e formación Profesional edítase o díptico para conmemorar este día. Este  ano o escritor Manuel Gago foi o encargado de crear un texto centrándose no poder dos libros e na lectura:



"Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín"

Podedes premer na imaxe para ver a páxina de Bibliotecas escolares de Galicia con toda a información sobre este día.

No noso centro a pesares das circunstancias excepcionais  que estamos sufrindo continuouse traballando ao redor do libro e da lectura de xeito virtual.

As mestras de infantil contáronlles contos aos seus alumnos e propuxéronlles enviar unha foto ou vídeo co seu conto preferido. Podedes velo nas seguintes ligazóns:


En 1º de primaria fixéronlles varias propostas: recomendacións lectoras, contos e xogos, carteis de decoración da biblioteca, elaboración de marcapáxinas e unha tarefa integrada centrándose na biblioteca do cole: matemáticas, lingua, ciencias e plástica. Podedes velas nas seguintes ligazóns:
 





En 3º de E.P.  propuxéronlles que enviaran vídeos ou fotos  lendo e as profes foron as primeiras en facelo. Premede AQUÍ se queredes velo.







As profes de 4º de E.P. fixeron un precioso vídeo coas lecturas recomendadas polo seu alumnado. Mirade:



Tamén elaboraron e ilustraron numerosos poemas con diferentes temáticas e nos que amosaron gran creatividade. Poidemos ver chistes, adiviñas, pareados, poemas,... e ata recitados. Mirade:


NORABOA POLO VOSO TRABALLO!!!

jueves, 23 de abril de 2020

PREMIO A ANDREA MACEIRAS

Hoxe vén de publicarse unha resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se lle concede a ANDREA MACEIRAS o PREMIO DOS CLUBS DE LECTURA 2020. Dito premio recoñece á autora galega máis lida polos clubs de lectura no ámbito educativo.


Andrea con alumnos do noso centro

Desde o CEIP Agro do Muiño queremos trasladarlle a nosa noraboa e o noso recoñecemento polo premio recibido. Tivemos a sorte de recibir a súa visita o pasado 5 de marzo para falarlle ao alumnado de 6º da súa novela "CONTA NOVE ESTRELAS".

Podedes ter máis información sobre dito premio AQUÍ

FOI UN ENORME PRACER.

PARABÉNS!!!

martes, 21 de abril de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Nestes días de confinamento son moitas as páxinas que chegan ás nosas mans recomendando numerosas lecturas. Benvidas son todas elas, porque o que pensamos de verdade é que estes tempos nos están achegando ao mundo do libro.
Ter un entre as nosas mans permítenos aprender, soñar, crear, descubrir, rir,.... Nun intre pasamos do mundo real ao imaxinario.
Por iso, disfrutemos dunha e mil historias que se agochan entre as súas follas,....
Aquí deixamos unhas recomendacións para os máis pequenos:

lunes, 6 de abril de 2020

UNIDOS NO CONFINAMENTO


MANTÉMONOS UNIDOS


AMOSAMOS UNS VÍDEOS COS TRABALLOS REALIZADOS POLO ALUMNADO DE 4º DE ED. PRIMARIA DURANTE O CONFINAMENTE, CO ÚNICO OBXECTIVO DE SER CANLE PARA QUE POIDAN VERSE, EXPRESEN AS SÚAS EMOCIÓNS, COMPARTAN AS SÚAS LECTURAS,TEXTOS CREADOS E OS TRABALLOS QUE VAN REALIZANDO PARA COÑECEMENTO DOS COMPAÑEIROS.