domingo, 29 de octubre de 2017

XA ESTAMOS NA BIBLIO QUE ALEGRÍA!


O DÍA 23 DE OUTUBRO ABRIMOS A BIBLIOTECA. DURANTE ESA SEMANA TODO O ALUMNADO DO CENTRO PASOU POLA BIBLIOTECA  PARA FACER A FORMACIÓN DE USUARIOS. LEOPOLDO ,A NOSA MASCOTA, VEU CARGADO DE XOGOS DE PISTAS PARA AXUDARNOS A SABER LOCALIZAR OS LIBROS NA BIBLIO, SEGUNDO A C.D.U. TAMÉN LEMBRAMOS AS NORMAS E COMO TEMOS QUE USAR OS MARCADORES. ISABEL REPARTEU OS CARNÉS A PROFES E NENOS/AS E FINALMENTE XA NOS DOU A ESPERADA MOCHILA PARA QUE EMPECEN A RULAR. ENCÁNTANOS LEVALA PARA CASA. A VER QUE SORPRESAS TRAE ESTE ANO, XA VEREMOS!


jueves, 26 de octubre de 2017

LECTURAS DE OUTONO


XA TEMOS PREPARADAS AS LECTURAS DO OUTONO.  OS LIBROS ESTÁN EXPOSTOS NO CORREDOR DA ENTRADA. A NOS GÚSTANOS MOITO MIRALOS E ADEMAIS MENTRAS OS PAPÁS E MAMÁS AGARDAN DA SAÍDA DOS NENOS/AS TAMÉN  PODEN DISFRUTAR DA SÚA LECTURA. 

domingo, 15 de octubre de 2017

ORIENTACIÓN EN E. FÍSICA




Este curso realizouse a actividade de Orientación de Ed. Física o día 10 de outubro  no paseo fluvial de Bertamiráns co alumnado de 5º e 6º de Ed Primaria. Tomouse como base o proxecto do Centro 

XOGOS DE AQUÍ E DE ACOLÁ



Neste caso comezouse traballando e informando nas clases de Ed. Física sobre os xogos populares (brilé, zancos, aro con guía, tabas, mariola, goma, trompos, corda, pano e petanca) xa que logo serían utilizados nesta actividade de orientación. Trátase de que o alumnado sexa quen de situarse no espazo traballando o plano. Na véspera agóchanse as dez imaxes do xogo traballado no paseo  de bertamiráns. Por grupos, cun mapa coas distintas localizacións marcadas, os rapaces/as van saíndo cada cinco minutos realizando carreiras de orientación para buscalas e anotando, nunha tarxeta de control, o nome do xogo popular correspondente a cada pista.




jueves, 12 de octubre de 2017

FORMACIÓN DE USUARIOS PARA PROFES



E xa botamos a andar...

Este ano hai moito profesorado de nova incorporación no cole. Dende o Equipo de Biblioteca pareceunos que deberiamos facer una formación de usuarios para todo o profesorado. Isabel foi a encargada de explicar como a tiñamos organizada, a situación dos fondos nos andeis, as normas que rixen para que o alumnado colla o libro e sinalice o seu lugar cun marcador, o acceso a todos os fondos mediante o programa Meiga a través do blog, a C.D.U , a implicación do alumnado de 6º como Colaborador, a xestión de empréstitos e devolucións a través do programa así como os horarios e as horas de apertura. Aproveitou tamén para darnos os carnés a todo o profesorado.

Agora só queda baixar co alumnado e proceder á súa nova apertura, que faremos coincidir co Día das Bibliotecas Escolares.