lunes, 12 de julio de 2010

COMPARTÍNDO CONTOS


Os alumnos de 5º o día da representación da súa obra :" O reiseñor da China".


Todo un éxito de público e de bo facer. Menudos artistas estes rapaces!
Os decorados da obra foron preparados por eles coa axuda da nosa artista persoal, Gelimar, a nosa compañeira que dálle a todo, e no campo artístico é unha verdadeira alfaia que temos no Centro.







"Compartíndo contos" foi unha actividade englobada no Proxecto de Biblioteca sobre a Intercuturalidade e que implicou @s alumn@s e profesores de determinados cursos.Pero que gustou tanto a iniciativa, que tivo que ser extendida a case tódolos cursos do colexio.
O xoves 6 de maio @s nen@s de primeiro representaron na Biblioteca do centro o conto "O pequeno sioux" que as profesoras lle tiñan previamente contado na aula. Prepararon uns murais chulisimos que pintaron eles mesmos con témperas e despois empregaron como telón de fondo o día da representación.Os murais representaban un poboado indio, con tódolos seus elementos ,os tepees, os tottems, o xefe indio, os mouchos, as estrelas....e as personaxes do conto: Coiote Colorado, Touriño Sentado e o seu papá o Gran Xefe Sioux, Formiga Negra, Galiña Emplumada....Como o fixeron tan ben, tiverono que dramatizar para tódolos nen@s de Educación infantil e para os de 2º curso de primaria.Vaia éxito!.

viernes, 9 de julio de 2010

ENCONTRO CON AUTORES




Entendemos que a Biblioteca Escolar debe ser a dinamizadora da vida do Centro, e por iso cada ano dende que comezou a súa andaina, no Colexio se organizan encontros con autores para @s alumn@s de segundo e terceiro ciclo por parte da comisión da bibloteca, procurando deste xeito un achegamento d@s nen@s ós autores dos libros que leen. Na medida das nosas posibilidades téntase que polo menos tódolos anos nos visite, cando menos, un autor de literatura infantil, un ilustrador,un contacontos para o primeiro ciclo....Así polo noso centro pasaron escritores como Fina Casalderey ou Xabier Pérez Docampo quenes tiveron a pacencia de respostar a tódalas preguntas que lles fixeron os alumn@s, así como a de asinar unha cantidade inxente de libros para todo aquel alumn@ que llo solicitou sen perder o sorriso.

jueves, 8 de julio de 2010

A SEMANA DA PRENSA NO MUNDO












Coincidindo coa celebración da Semana da Prensa, dende a Biblioteca do Centro decidíuse montar unha exposición de "Xornais do Mundo" coa colaboración altruísta da comunidade educativa(neste caso, profes e pais foron os que donaron os xornais que estiveron expostos do 8 o 12 de marzo na entrada do centro).


A través de revistas e xornais de países como: Rusia, Exipto, Letonia, Israel, China, Turquía, Bélxica, Cuba, Alemaña,Italia,Polonia,Paises Baixos, entre outros, achegámonos as novas que acontecían neses lugares.


Tamén dedicamos un recanto á "Prensa Diaria" onde @s alumn@s podían coller para traballar na aula calquera destes xornais:"Galicia Hoxe", "La Voz de Galicia", "El

sábado, 3 de julio de 2010

O ENTROIDO DAS CULTURAS

Como non podía ser menos, o Entroido deste ano centróuse en cada unha das culturas traballadas.
O primeiro curso de primaria tróuxonos ata Ortoño, ás valerosas tribus sioux que portaban os arcos e as frechas coas que cazar o seu alimento.