Na semana do 10 ao 14 de marzo traballamos no CentroA SEMANA DA MULLER . Este ano decidimos adicarllo a algunhas mulleres científicas que ao longo da historia da humanidade favoreceron o avance deste campo do saber e que contribuiron de forma notable ao coñecemento. A achega das mulleres á ciencia remóntase a hai 3200 anos. Os seus traballos e os seus logros foron,
indubidablemente, decisivos para o coñecemento da Ciencia e para facer deste un mundo mellor. Magoa que durante moitos anos a repercusión e o coñecemento que tivemos sobre o seu traballo e sobre elas mesmas fora escaso, ou que mesmo pasase inadvertido.
Adicámosllo tamén a Mª JOSÉ ALONSO e a ALICIA ESTÉVEZ que veñen de ingresar na ACADEMIA DA CIENCIA GALEGA
FOI UNHA INCREIBLE EXPERIENCIA. MULLERES BOAS E XENEROSAS, DESINTERESADAS, ALEGRES E DIVERTIDAS, MULLERES TRABALLADORAS QUE FORON QUEN DE IMPRIMIR NOS CATIVOS A NOSA MÚSICA E TRADICIÓN E QUE CO SEU EXEMPLO E A SÚA VOZ DEIXARON CONSTANCIA DE TODO O QUE SE LEVA FEITO POLA SAIDA CARA A LIBERDADE DAS MULLERES PERO TAMÉN LEMBRARON TODO O QUE AÍNDA QUEDA POR FACER
MIRADE O VIDEO CORRESPONDENTE AO FIN DA ENTREVISTA CO ALUMNADO DE ED. PRIMARIA. FOI UN HONOR PODER COMPARTIR CON ELAS ESTE DÍA QUE REMATOU CUNHA EMOCIONANTE E INESPERADA DESPEDIDA.
E VAN VIR AO NOSO COLE .!!!!!!! É UN HONOR PARA NÓS PODER CONTAR NO DÍA DA MULLER CON OITO REPRESENTANTES DO GRUPO MALVELA. ESTAMOS ENCANTADOS, ABRAIADOS, ESTAMOS MOI "PIRIMPIMPIN"!!!!!!!
O ALUMNDO ESTÁ PREPARANDO UNHA ENTREVISTA PARA ENCHOUPARNOS DE TODA A EXPERIENCIA, A TRADICIÓN A MÚSICA E A CULTURA DESTAS MULLERES QUE LOITARON POLOS SEUS SOÑOS E POR PODERNOS ACHEGAR A FRESCURA DAS NOSAS CANTIGAS E TRADICIÓNS . XA VOS IREMOS CONTANDO DE MOMENTO TODOS A CANTAR O PIRIMPIMPIN.
Teño dentro do meu peito…
unha laranxa partida
para darlle o meu amor,
o pirin pirimpimpin
para darlle a miña vida
pirimpimpin pim pim pim pim
manolo vira pra ca,
maria vira pra aqui,
De Portugal me mandaron,
tres peras nun ramaliño
quen me dera a mi sabere
quen me ten tanto cariño
o pirin pirimpimpin
pirimpimpin pim pim pim pim
manolo vira pra ca,
maria vira pra aqui,
do outro lado do rio
do outro lado meu ben
do outro lado do rio
o pirin pirimpimpin
teño a quen lle quero ben
pirimpimpin pim pim pim pim
manolo vira pra ca,
maria vira pra aqui,
O entrar en sanguiñeda
hay un lexo de letreiro
que sempre esta a dicir
o pirin pirimpimpin
portugal meu compañeiro
pirimpimpin pim pim pim pim
manolo vira pra ca,
maria vira pra aqui,
rebola o pai
rebola a nai
rebola a filla
eu como son da familia
tamen quero rebolar
pirimpimpin pim pim pim pim
manolo vira pra ca,
maria vira pra aqui,
rebola o pai
rebola a nai
rebola a filla
eu como son da familia
tamén quero rebolar
pirimpimpin pim pim pim pim
manolo vira pra ca,
E QUÉ MELLOR QUE ESTE GRUPO DE MULLERES GALEGAS PARA CELEBRAR O DÍA DA MULLER ... CANTAS CARACTERÍSTICAS AXEITADAS: Malvela ofrécennos as cancións que veñen da terra,
a cultura das nosas aldeas, os sons de noso.
E ADEMAIS no traballo da MIÑA XANELA Á TÚA queren dar unha homenaxe a todas esas
mulleres que sufriron malos tratos físicos ou psíquicos, e que un día foron quen
de abrir esa xanela na que tanto tempo estiveron agochadas sen poder gozar
dunha liberdade e un respeto ao que todas temos dereito.
ÁNIMO!!!! AQUÍ TEDES UNHA PROPOSTA DE TRABALLO PARA REALIZAR CO GALLO DO DÍA DA MULLER. TEDES UN ENLACE NO BLOG NA ENTRADA REFERIDA Á EXPOSICIÓN DO CORREDOR "PIONEIRAS DA ECOLOXIA" TAMÉN PODES RECOLLER INFORMACIÓN NO MURAL INFORMATIVO.
Dentro do proxecto"CONVIVINDO CON LIBROS E PLANTAS"adicámoslle o Día da Muller Traballadora a dúas mulleres científicas pioneiras no campo da ecoloxía: Rachel Carson; Josefina Castellví