martes, 23 de abril de 2013

CONMEMORANDO O DÍA DO LIBRO EN ABRIL E MAIO.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES DO C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO PARA OS MESES DE ABRIL E MAIO TENDO COMO REFERENTE A CONMEMORACIÓN DO DÍA DO LIBRO

Nasin cando as prantas nasen,
no mes das froles nasín,
nunha alborada mainiña,
nunha alborada de abril. 
(ROSALÍA DE CASTRO-CANTARES GALEGOS)


lunes, 22 de abril de 2013

A TI, MEU AMIGO. NACEMENTO DUN LIBRO

NON DEIXEDES DE OLLAR ESTE ESTUPENDO VIDEO SOBRE O NACEMENTO DUN LIBRO. NESTA ERA DAS NOVAS TECNOLOXÍAS E DOS LIBROS DIXITAIS,NON QUEREMOS CHEGAR A BOTAR DE MENOS O ARRECENDO DAS PÁXINAS DO LIBRO MESTURADO CO SENTIMENTOS E COAS EMOCIÓNS VIVIDAS.


Birth of a Book from Glen Milner on Vimeo.

martes, 9 de abril de 2013

JOSÉ LUÍS SAMPEDRO, SEMPRE


Biografía

Economista, escritor, catedrático de Estrutura Económica, ex senador e membro da Real Academia Española desde 1990, José Luís Sampedro (Barcelona, 1917) desenvolveu un intenso labor como profesor, novelista e humanista, que o cualifican como un dos máis importantes escritores vivos en lingua castelá, así como unha referencia intelectual e moral de primeira orde na España da segunda metade do século XX.
Polifacético na súa vida profesional e literaria, conciliou o desempeño de altos cargos administrativos e académicos no área económica cunha recoñecida produción literaria. En todas estas facetas alcanzou a aceptación do gran público e o recoñecemento e respecto da crítica especializada
José Luís Sampedro foi galardonado co Premio Nacional das Letras Españolas 2011.
 

 
Dous dos seus libros 
 
 

 
Novela que lle proporciona una popularidade absoluta









 
2006
Novela froito da súa preocupación pola

preservación da natureza fronte á cobiza.
 
 


Credo personal
Creo en la Vida madre Todopoderosa,
creadora de los cielos y de la tierra.
Creo en el Hombre, su avanzado hijo,
concebido en ardiente evolución,
progresando a pesar de los Pilatos
e inventores de dogmas represores
para oprimir la Vida y sepultarla.
Pero la Vida siempre resucita
y el Hombre sigue en marcha hacia el mañana.
Creo en los horizontes del espíritu,
que es la energía cósmica del mundo.
Creo en la Humanidad siempre ascendente,
Creo en la vida perdurable.
Amén.  J-L-S     

 
 
 
 

miércoles, 3 de abril de 2013

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

 "Só da mao do teatro somos capaces de nos soñar nos outros, ao nos reflectir nas súas personaxes"        (Cesáreo Sánchez Iglesias)

Este día mundial do teatro celébrase cando a cultura galega homenaxea no 17 de maio a Roberto Vidal Bolaño, unha das figuras senlleiras da nosa literatura dramática, ademais de promotor da modernización e dignificación en Galicia das profesións vinculadas coa produción teatral.
Coma unha homenaxe á xente do teatro visionamos no Centro a obra MERLÍN
Merlín
Furaventos arriba coa seu dorna na praia das Tebras sen sospeitar que está en Avalón, a mítica illa onde aínda viven Merlín, Morgana e o rei Artur dende hai mil cincocentos anos, grazas ás mazás da inmortalidade.
Achegámonos á fantástica literatura Artúrica que encheu a imaxinación das xentes dende hai mil anos con personaxes tan coñecidos como Lanzarote, Galván, a raíña Xenebra, Uther Pendragón, Nineve, Mondred e por suposto Merlín, Morgana e o rei Artur.......


lunes, 1 de abril de 2013

TRÍPTICO PARA FAMILIAS:OS CELOS NA INFANCIA




O  DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN ELABOROU UN TRÍPTICO DIRIXIDO ÁS FAMILIAS SOBRE  OS CELOS NA INFANCIA. CONSTITUEN UN ESTADO EMOCIONAL FRECUENTE NA INFANCIA E VEN ACOMPAÑADO DE MOITA INSEGURIDADE E ANGUSTIA, POR ISO DEBEMOS AXUDAR A QUE SEXAN MÁIS LEVADEIROS.