viernes, 28 de abril de 2023

Obradoiro de "Narración oral na radio" con Soledad Felloza

 Dentro do programa Radio na Biblio, o alumnado de quinto curso de Educación Primaria recibiu o pasado venres 28 de abril de 2023 un obradoiro sobre narración oral na radio impartido pola contadora de historias Soledad Felloza.

Preme na imaxe para ver máis contido


lunes, 24 de abril de 2023

ABRIL MES DO LIBRO SOLIDARIO

 Como xa se vos comunicou a través da dirección do centro, todo o alumnado ao longo deste mes participou da lectura e decoración dos marcapáxinas solidarios en colaboración coa ONG SAVE THE CHILDREN.

 Moitas grazas a toda a comunidade educativa! Especialmente a todas as familias pola súa pola súa acollida e aportación monetaria, demostrando unha vez máis a sensibilidade ante esta situación de vulnerabilidade.

Preme na imaxe para ver a galería

viernes, 21 de abril de 2023

Día do libro. Alumnado de 2º Educación Primaria

 Con motivo da celebración do día do libro, o alumnado de 2º de Educación Primaria dramatizaron “A que sabe a lúa” outra visión da lectura deste conto.

Preme na imaxe para ver o video


jueves, 13 de abril de 2023

Novidades Terceiro Trimestre

Esta é unha mostra dos últimos libros adquiridos para a nosa biblioteca. Os exemplares foron peticións do alumnado na súa maioría e tamén do profesorado.

miércoles, 12 de abril de 2023

FALADOIROS NO MUIÑO: Daniela, nai de Hugo Barreiro 1ºB

 Hoxe veu a visitarnos Daniela, nai de Hugo Barreiro, para contarnos a súa experiencia como

voluntaria nun orfanato en Kenia. Puidemos coñecer da súa man como viven nenos e nenas

coma vós neste país de África e que, pese a ter tan pouquiño, son moi sempre moi agradecidos

e teñen un sorriso infinito.

Tamén vimos moitos dos animais que viven alí, aprendemos as nosas primeiras palabras en

suahili e mesmo nos atrevemos a cantar unha canción. E para rematar a súa visita, puidemos

mover as cadeiras con ritmos africanos! Pasámolo xenial!

Asante, Daniela!! Foi unha marabilla contar contigo.

Preme na imaxe para ver o contido