martes, 22 de marzo de 2022

Celebrando o Día da Poesía

 Celebrando o Día da POESÍA..

Temos aquí a Bruno e Alejandra, da aula de 5 anos A, recitando fenomenal algúns poemas.  Son uns grandes artistas.

preme na imaxe



Agasallo da mascota Agroonda

 O alumnado de 5 anos A, aula verde, xunto coa súa mestra Mercedes e a colaboración de Olga, sorprendéronnos cunha mascota de Agroonda, para o noso espazo da radio.

lunes, 21 de marzo de 2022

SEMANA DA PRENSA

 A semana pasada, realizamos traballos de investigación na nosa prensa e xornais e realizamos diversas noticias de actualidade. 

Unha chea de novas durante a semana da prensa.

preme na imaxe


Xornal da aula de 4 anos A

viernes, 18 de marzo de 2022

Día da Poesía e da Árbore

 O 21 de marzo é unha data que concita moitas vontades e dá pé a moitas conmemoracións (os bosques, a poesía, a cor, a non discriminación racial...), non deixa de ser a Primavera que o renova todo... Nós decantámonos pola poesía, pois foi a UNESCO quen declarou este 21 de marzo, Día Mundial da Poesía en 1999

Dende o equipo de biblioteca preparamos esta exposición de contos relacionados coa poesía. Ademais, estamos preparando e creando un poema conxunto con todas as aulas, que leva por nome

POEMA NO CAMIÑO...

Dentro duns días os amosaremos o gran resultado!!!

Xa temos noso poema colaborativo!!!

miércoles, 16 de marzo de 2022

Visita de PERE TOBARUELA

 Pere Tobaruela visitou o noso cole, e concretamente ao alumnado de 4º de E.P., e falamos sobre o libro " Formigas: Misión Camiño de Santiago", un dos nosos contos do Itinerario lector deste curso.

 

Estivo xenial e Pere Tobaruela explica moi ben. Contounos como fixo o libro, as personaxes e sobre todo "Misión Camiño de Santiago". Grazas pola visita.

preme na imaxe



Visita á Radio Agroonda polo alumnado de 5 anos A

 Onte Radio Agroonda recibiu a visita do alumnado de 5 anos A. Foi toda unha gran experiencia xa que puideron comprobrar como se escoita e soa a súa voz a través da radio.

preme na imaxe


jueves, 10 de marzo de 2022

TRABALLOS DAS AULAS POLO 8M

 Aquí tedes algúns exemplos dos distintos traballos realizados nas aulas para conmemorar o 8M. Esperamos que vos gusten!!!

preme na imaxe



miércoles, 9 de marzo de 2022

Obradoiros do Día da Muller

 Durante esta semana teremos actividades para celebrar o 8 de Marzo, día da Muller.

Como era de esperar este ano está relacionado co noso PDI: "Pasiño a pasiño facemos o camiño II".

E que mellor maneira que coñecer ás primeiras mulleres peregrinas, da man de Sabela Losada, autora do libro"O camiño das Mulleres". Durante séculos a peregrinación foi a única viaxe permitida ás mulleres, e moitas aproveitaron esta oportunidade para saír dos sueus deberes domésticos, para coñecer por si mesmas o mundo e outras xentes, e sacar as súas propias conclusións.

E tivemos unha sorte tremenda, xa que temos unha axenda espectacular chea de actividades nas aulas, contacontos, obradoiros, xogos e escape room!!

Onte comezamos con:

- Alumnado de 1º e 2º E.P.: Contacontos: "O camiño das mulleres": Baseado nas experiencias reais de mulleres que fixeron o Camiño de Santiago .

preme na imaxe para velo



-Alumnado de 3º: Contacontos e obradoiro: "Crea o teu camiño":  Comezando por coñecer mulleres que fixeron o Camiño de Santiago que logo representaron con debuxos, collage e narración" Quedou moi chulo!

preme na imaxe para velo


-Alumnado de 4º: Nesta actividade gozaron dun divertido e xigantesco xogo da oca no que ademais de subir e baixar polo taboleiro, descubriron mulleres incribles da nosa Historia relacionadas coas viaxes das mulleres e o Camiño de Santiago.

Grupo 4º A + 4º B

preme na imaxe para velo


Grupo 4º C + 4º B
preme na imaxe para velo






martes, 8 de marzo de 2022

Inaguración de Radio Agroonda

 Boas familias! Hoxe no centro estamos de inaguración: nace a nosa radio Radio Agroonda "A radio máis molona das ondas". Despois da formación tanto do profesorado como do alumnado, da creación da mascota e das primeiras gravacións, hoxe comezamos a emitir os primeiros podcast creados polo alumnado de 5º.

Podcast publicados:

PODCAST 1: Explicamos o que significa a nosa mascota da radio (é feminina, por iso eleximos tamén o día da muller para presentala).


PODCAST 2: O Día da Muller.


PODCAST 3: Rosalía de Castro.

Podedes escoitar as gravacións dende a marxe dereita deste blogue ou na marxe dereita ou dende a nosa páxina web do centro, onde está AGROONDA.

Podedes seguir a nosa canle!!!


viernes, 4 de marzo de 2022

Formación alumnado de 5º "Radio na biblio"

 Hoxe, nesta ocasión, tivemos o Obradoiro de formación do programa"Radio na biblio" para o alumnado de 5º EP a cargo de Denís.

Nel abordaron o guión de contidos, escaleta dun programa de radio, funcionamento do equipo e outros contidos relacionados.

preme na imaxe







Visita a Radio Agroonda polo alumnado de 4 anos A

 Hoxe visitaron a Radio Agroonda o alumnado de 4 anos A. Foi unha gran sorpresa, xa que descubriron como se escoita a súa voz, como se escoita polos cascos. Ademais coñecían perfectamente á mascota da radio.

preme na imaxe



Sabela Losada Cortizas

 Hoxe visitounos Sabela Losada Cortizas, a autora do libro "O camiño das Mulleres", un libro moi relacionado co noso PDI, para poder organizar e preparar uns obradoiros para a celebración do Día da Muller.

Teremos a sorte de disfrutar do seu libro e os seus coñecementos e que o noso alumnado coñeza outra parte dese "CAMIÑO DAS MULLERES". 



O libro fai referencia a mulleres galegas como Exeria, que en diferentes séculos abriron camiño coas súas experiencias vitais viaxeiras, rompendo prexuízos e convencionalismos e converténdose en verdadeiros referentes para as novas e futuras xeracións. 

Ademais do texto de Sabela Losada, contén ilustracións de Ana Villegas e fotografías de Soledad Felloza.

Esperamos a túa visita!!!




Agradecer a colaboración de Luisa Feijóo (Concelleira de Igualdade) pola aportación económica destes obradoiros.


jueves, 3 de marzo de 2022

8M Día Internacional da Muller

 O tema do Día Internacional da Muller do próximo 8 de marzo de 2022, “Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible”, recoñece a contribución das mulleres e as nenas de todo o mundo, que están a liderar os esforzos de resposta, mitigación e adaptación ao cambio climático para construír un futuro máis sostible para todas as persoas.

Dende o equipo de biblioteca, preparamos unha exposición con contos relacionados con este día.