domingo, 29 de abril de 2012

MARCAPÁXINAS SOLIDARIOS

1200 MARCAPÁXINAS POLA SOLIDARIEDADE. TRABALLO REALIZADO CONXUNTAMENTE COAS FAMILIAS E QUE TIVO, COMA SEMPRE, FANTÁSTICA ACOLLIDA. GRAZAS A TODOS POLO VOSO ESFORZO. SE QUERES VISUALIZAR O DOCUMENTO ENVIADO ÁS FAMILIAS PARA REALIZAR ESTA ACTIVIDADE PREME AQUÍ.

Save the Children traballa en Republica Democrática del Congo en programas de nutrición, saúde e educación.... Os nosos esforzos céntranse en:
• Reconstruír as escolas, equipándoas con material educativo e formando os profesores.
• Conseguir que as nenas teñan as mesmas oportunidades e dereitos que os nenos a nivel de educación.
• Proporcionar asistencia sanitaria aos máis pequenos, vacinándoos e coidando a súa nutrición.
• Tratar de que os nenos e nenas que foron escravizados polos grupos armados poidan volver ás súas comunidades, ofrecéndolle formación profesional para que teñan un medio de vida. "


martes, 24 de abril de 2012

lunes, 23 de abril de 2012

(AMBIENTE DE LECTURA NA ESCOLA)

Coincidindo co Día do Libro 2012, existe unha iniciativa impulsada por Luis Arizaleta (especialista en lectura e desenvolvemento de iniciativas culturais), e na que temos a honra de participar, que nos fai reflexionar aos que a subscribimos, sobre o que el coñece desde hai máis de vinte anos: o ambiente de lectura na escola, e é ese o nome do manifesto que lles invito a ler. Son doce puntos moi breves pero que, de telos realmente presentes, suporía un verdadeiro reformulación da experiencia lectora, persoal e cultural dos nosos rapaces e rapazas. Para iso dirixímonos a toda a ampla comunidade vinculada coa lectura: escritores, mediadores, contistas, narradores, pais e nais, editores, profesionais da educación... Aínda que sempre oímos aquilo de “niso todos estamos de acordo” o certo é que no mundo vinculado ao libro e á lectura hai moita leria e adorno estéril, pero tamén temos SE QUERES LER O MANIFESTO CLICA AQUÍ

domingo, 22 de abril de 2012