lunes, 27 de febrero de 2023

DÍA DE ROSALÍA: Visitamos a Casa de Rosalía en Ortoño

 O luns 27 de febreiro de 2023, o alumnado de 6º de Ed. Infantil fixemos unha saída para visitar a casa de Rosalía  no lugar do Castro, na Tarroeira. Alí recitamos unha poesía e a directora (que nos acompañou) contounos algúns datos de interese da súa nenez. Despois fomos merendar á Escola Unitaria da Tarroeira e gozamos no seu patio de xogos.



viernes, 24 de febrero de 2023

PLANTACIÓN DE PENSAMENTOS

 Retomamos a nosa plantación de pensamentos no noso cole, adicada a Rosalía de Castro. Participaron representantes de todas as aulas.

O alumnado de 6º  preparou de novo a nosa cuncha. 

preme na imaxe



jueves, 23 de febrero de 2023

GALA DE ROSALÍA de CASTRO

 Hoxe tivemos a Gala de Rosalía no centro. Parabéns ao noso alumnado que regueifou (Álex e Candela) e o alumnado de 3º que cantou e tocou. 

Mil grazas aos 4 profes: Sara, Nadia, Jose e Diego que nos amenizaron a mañá con temas de Rosalía.

preme nas imaxes

Actuación  alumnado de 3º

A regueifa foi feita polo alumnado de 6º A e cantada por Candela e Álex de 6º e 5º respectivamente.




Actuación dos profes: Sara, Nadia, Jose e Diego.



TRÉMOLA TEATRO: Yolanda

Fixo un percorrido pola vida de Rosalía



viernes, 17 de febrero de 2023

O NOSO ENTROIDO

 

O Entroido chegou ao CEIP Agro do Muíño dende todos os lugares do mundo. Hoxe máis que nunca somos "Unha fiestra aberta ao mundo" !!!


Preme na imaxe para ver o video

miércoles, 15 de febrero de 2023

.FALADOIROS NO MUÍÑO: VANESSA enfermeira no CHUS e nai de Vera 1B

 O pasado 15 de marzo visitounos Vanessa, a nai de Vera de 1ºB. Ela é enfermeira, e traballa na planta infantil do Hospital Clínico Universitario de Santiago. Trouxonos un libro moi chulo, “O diario de contos de Gabriela”. É unha recompilación de varias historias escritas por Manuel Martínez Pérez, e que está ilustrado polos nenos e nenas da Escola Infantil do hospital. Vanessa leunos algúns dos seus contos e… non nos puideron gustar máis!

Moitas grazas pola visita!


FALADOIROS NO MUÍÑO: ENTROIDO E COSTUMES DAS ILLAS CANARIAS.

 Nesta ocasión, a nai de Yhadira, de 4º B, contounos como é o entroido canario e algunhas costumes  das illas Canarias moi interesantes.

Moitas grazas pola túa colaboración.

preme na imaxe



ENCONTROS CON AUTORAS: Eva Mejuto

 O día 15 de febreiro de 2023 visitounos a escritora Eva Mejuto. Contounos o seu conto "Dez gatiñas Viaxeiras", que forma parte do noso itinerario lector. Tamén asinou e adicou os libros que trouxeron os nenos e as nenas.

Preme na imaxe para ver o contido


martes, 14 de febrero de 2023

ENCONTROS CON AUTORES: Visita de "O Hematocrítico".

 O Hematocrítico voltou este curso para charlar un rato co alumnado de 2º sobre o libro “Rapunzel con piollos” que estamos lendo este ano, e do traballo de escritor. Un pracer!






lunes, 13 de febrero de 2023

DÍA MUNDIAL DA RADIO 2023

 Hoxe 13 de febreiro é o Día Mundial da Radio. 

Dende Radio Agroonda, o alumnado de 6º está a realizar uns obradoiros sobre o manexo da radio co alumnado de 5º, que serán os que continúen co proxecto da radio.

Noraboa!!!! 

preme na imaxe



viernes, 10 de febrero de 2023

FALADOIROS NO MUÍÑO: VISITA A UNS FAMILIARES EN ALEMAÑA POLO NADAL

 A mamá de Xela e máis o seu irmán Martiño, nos contaron a súa experiencia visitando uns familiares en Alemaña durante o pasado Nadal. 

Ademais de ensinarnos moitas fotos, tamén tivemos a oportunidade de escoitar unha mensaxe en alemán da tía de Xela e despois contáronnos un conto dun autor alemán: "que bonito é Panamá" de Janosch (escritor e ilustrador de contos infantís).

Foi un pracer contar con Nancy e Martiño. Grazas!

preme na imaxe





viernes, 3 de febrero de 2023

FALADOIROS NO MUÍÑO: EXPERIENCIA LABORAL EN ALEMAÑA

 A aula vermella (5 anos B) recibimos a visita do papá de Sebastián. Él estivo traballando en Alemaña e contounos moitas costumes e tradicións deste país. 

As cousas que máis lle chamaron a atención foi que os nenos e nenas alemáns van sos ao colexio, que se descalzan para entrar nas casas ou que o primeiro día de cole reciben un cucurucho enorme de larpeiradas,...

Moitas grazas a Carlos por compartir a súa experiencia con nós.

preme na imaxe



FALADOIROS NO MUÍÑO: CONTO A QUE SABE A LÚA?

 Nesta ocasión,  Elda, a nai de Ana, de 3 anos A, visitounos e contounos o conto: 

A que sabe a lúa?

Moitas grazas pola túa colaboración.

preme ma imaxe



miércoles, 1 de febrero de 2023

FALADOIROS NO MUÍÑO: A GAITA GALEGA

 Antonio Sanjiao, pai de Nico de 3º C, ensinounos a gaita galega.

Moitas grazas pola túa colaboración.

preme ma imaxe



FALADOIROS NO MUÍÑO: A HISTORIA DO GALO DE BARCELOS.

 Nesta ocasión, Noelia e Diogo, nai e pai de Dante de 3 anos A, viñeron a contar o conto: "A historia do Galo de Barcelos".

Moitas grazas pola vosa colaboración!!!

preme na imaxe