martes, 31 de marzo de 2015

FALADOIROS NO MUÍÑO NA ED. INFANTIL

UNHA DAS ACTIVIDADES MÁIS BONITAS E DE MELLOR VALORACIÓN QUE TEMOS NO CENTRO SON

 OS FALADOIROS NO MUÍÑO 


ESTA ACTIVIDADE LÉVANA A CABO AS FAMILIAS DOS NEN@S. É UN MOMENTO PARA COMPARTIR, PARA ILUSIONAR, PARA EXPERIMENTAR. A DEMANDA É MOI GRANDE POIS A DISPOSICIÓN DAS FAMILIAS PARA ACHEGARSE AO CENTRO A CONTAR UN CONTO OU AS SÚAS PROPIAS EXPERIENCIAS É ENCOMIABLE. PREPARAN O CONTO, NORMALMENTE RELACIONADO CO PROXECTO, CON MOITO INTERÉS E LOGO SEMPRE TEÑEN UN AGASALLO PARA O ALUMNADO. DENDE O CENTRO AGRADECEMOS A VOSA COLABORACIÓN MOITÍSIMO PORQUE PENSAMOS QUE A TAREFA EDUCATIVA COMPARTIDA E COLABORATIVA É A QUE TEN OS RESULTADOS MÁIS PRODUTIVOS. NÓS AGRADECÉMOSLLE A SÚA VISITA CUN PEQUENO DIPLOMA PARA QUE LEMBREN A ILUSIÓN CON QUE FORON RECIBIDOS POLOS NEN@S E POLOS PROFES.


SE DESEXAS VER OS FALADOIROS NO MUÍÑO REALIZADOS NO SEGUNDO TRIMESTRE NA ED. INFANTIL  CLICA NOS SEGUINTES ENLACES:







DIPLOMA FALADOIROS NO MUÍÑO

jueves, 26 de marzo de 2015

AS RECEITAS DE COCIÑA

COCIÑA DIVERTIDA EN ED. PRIMARIA

COCIÑAMOS CON MAMÁS E AVOAS

 A mamá de Miguel de 1º B fixo polo Samaín cupcakes co alumnado de 1º. As cupcakes son como magdalenas que logo se decoran ao gusto de cada un. Neste caso a temática foi o Samaín, facendo cupcakes con formas terroríficas.

A avoa de Leire de 1º A fixo galletas de Nadal cos nenos e nenas. Cunha base de galleta cadaquen decorouna con motivos navideños.
Logo levaronas para casa.

PAN CON XAMÓN

O alumnado de 1ºB fixo na aula pan con xamón, que é unha comida do Nadal de Venezuela.




                COCIÑA DIVERTIDA EN ED. INFANTIL

CLARA, A NAI DE PABLO E BRAIS DE 4 ANOS B DELEITOU AOS NEN@S REALIZANDO NA AULA UN OBRADOIRO DE COCIÑA DIVERTIDA AO QUE LLE CHAMOU
OURIZO DE FROITAS

SE DESEXAS VELO, CLICA AQUÍ : ENLACE 

lunes, 16 de marzo de 2015

PREMIADOS NO SORTEO DO CONCURSO DÍA DA MULLER

 ENTRE OS  100 NENOS/AS PARTICIPANTES,QUE CUMPLIRON AS BASES DO   CONCURSO "MULLERES MATEMÁTICAS" FORON AGRACIADOS/AS  NO SORTEO OS QUE A CONTINUACIÓN SE RELACIÓNAN:

1º CICLO : MELINDA INSUA MORETO (1ºB)
2º CICLO : CECILIA SEGADE FERGUS (4º B)
3º CICLO : ANDREA PRIETO MOURIZ (6º B)

ADEMAIS DOS ANTERIORES OBTIVERON PREMIO:

         LUCÍA E BRUNO (5ºB)


POLA EXPOSICIÓN E PRESENTACION DO TRABALLO 

"A MULLER E O TRABALLO NO CAMPO"

LEMBRADE QUE TEDES QUE COMUNICARLLO Á COORDINADORA DA BIBLIOTECA QUE VOS FARÁ ENTREGA DOS AGASALLOS.

DENDE O EQUIPO DA BIBLIOTECA DÁMOSVOS A NORABOA A TODOS/AS POLA VOSO ENTUSIASMO E ANIMÁMOSVOS A SEGUIR PARTICIPANDO EN SUCESIVAS OCASIÓNS. "A SORTE É ASÍ, UNHAS VECES TOCA E OUTRAS NON"

domingo, 15 de marzo de 2015

CON ROSALÍA DE CASTRO NA MAÍA (VICTOR FREIXANES)

EMOCIONANTE ARTIGO DE VICTOR FREIXANES, POLO "SEU VENTO DE ALEGRÍA" .

DENDE A COMUNIDADE EDUCATIVA DO C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO NON NOS QUEDAN MÁIS QUE PALABRAS DE AGRADECEMENTO POLAS SÚAS VERBAS TAN AGARIMOSAS, TAN PRECISAS E TAN CHEAS DE ENERXÍA.

VENTO NAS VELAS

Con Rosalía de Castro na Maía





01 de marzo de 2015. Actualizado a las 05:00 h.  (LA VOZ DE GALICIA) 25




Hoxe vai optimista. Era un vento de alegría: un paporroibo no peito, coma quen; peifoque, din por estas terras. Catro xeracións no escenario arredor dos versos de Rosalía o pasado 24 de febreiro. Primeiro os meniños e as meniñas dos colexios infantís do Milladoiro, que daba xenio velos, recitando a coro os versos aqueles de «as de cantar que chei de dar zonchos; as de cantar que chei de dar moitos». Escolanía de merlos, diría o poeta Rey Romero.
Logo, as mociñas e mociños de ensino primario, secundario e bacharelato dos colexios da Barouta, Ventín, Agro do Muíño, institutos de Milladoiro e Bertamiráns, todos do concello de Ames. De seguido (e especialmente emocionante) unha representación da xente que vén a nós dende outras terras: León, Euskadi, Venezuela. E para rematar, a voz do Clube de Xubilados, antes de dar paso ás cancións de Amancio Prada. Festa rachada. De cando en vez hai que ver as cousas destoutra maneira.
Certo que a situación é difícil. Certo que a lingua vive momentos atravesados, ameazada por cambios que afectan mesmo á nosa identidade como pobo (a nación dos galegos). Certo que esas mudanzas nalgúns casos son de carácter estrutural e están relacionadas con transformacións de dimensión case que planetaria (tecnolóxicas, económicas, políticas, psicolóxicas, sociais).
Certo que en moitos casos estas mudanzas poderían e deberían ser corrixidas, reconducidas ou aliviadas por accións de administración e goberno que botamos de falta. Pero ás veces entra un vento de alegría pola fiestra.
Hai algunhas semanas os académicos da RAG fomos agasallados en terras de Bergantiños polos amigos da Fundación Eduardo Pondal, nun acto de homenaxe ou lembranza ao cantor dos Pinos; e tamén alí un rebuldeiro coro de rapaciños e rapaciñas, bastantes deles por debaixo dos dez anos, cantáronnos os versos do poeta: «Eu nacín cabo de pinal espeso,/ eu nacín na pequena Ponteceso», que era a súa vila, a terra dos pequechos, a súa pequena patria, e alí estaban, animados polos seus mestres, algún deles aterecido de frío na mañá inverniza de febreiro, guindando globos de festa, engruñadiños nas súas bufandas, coas fazulas coloradas e cantando na lingua dos seus (de todos nós), «onde o Anllóns con nobre maxestade/ camiña ao seu destino derradeiro».
De cando en vez, repito, cómpre deixarse levar por este pulo de enerxía que respira ao noso arredor e que, nos traballos do cotián, non sempre vemos, ou non nos decatamos de que existe, malia atrancos e contradicións.
Os meniños e as meniñas de Ponteceso e do Milladoiro, estes últimos no corazón da Maía, memoria primeira de Rosalía, eran o alento da esperanza.
E os seus profesores e profesoras, que estaban detrás, xunto coas familias, poñendo as achegas extras dun traballo que non se paga con diñeiro, pois nace ou se alimenta da ilusión compartida, ou do convencemento de que a realidade existe porque a conquistamos todos os días, eles, os mestres, digo, ¡benzóns para todos eles!, seguen sendo o músculo impagable que move a máquina.

jueves, 12 de marzo de 2015

OS CONTOS: SECUENCIA DIDÁCTICA E CONCRECIÓNS PARA TODOS OS NIVEIS

COMO ASÍ O DECIDIMOS NAS DIFERENTES REUNIÓNS DE EQUIPOS DOCENTES E COORDINACIÓN O DEPARTAMENTO DO ORIENTACIÓN ELABOROU UNHA SECUENCIA DIDÁCTICA A FIN DE TRABALLAR O CONTO NAS AULAS DENDE A ED. INFANTIL ATA 6º DE ED. PRIMARIA. AGARDAMOS VOS SEXA DE AXUDA.


miércoles, 11 de marzo de 2015

SEMANA DA MULLER

O ALUMNADO DE 5º DE ED. PRIMARIA REALIZOU UN TRABALLO DE DOCUMENTACIÓN SOBRE  

 "A MULLER E O TRABALLO NO CAMPO"

 E REALIZARON DIFERENTES PRESENTACIÓNS

                     

AO LONGO DA SEMANA DO 9 AO 14 DE MARZO EXPOÑERANO NA BIBLIOTECA DO CENTRO A TODOS OS CURSOS DE ED. PRIMARIA NA HORA DE LER. DENDE O EQUIPO DA BIBLIOTECA DÁMOSVOS A NORABOA POLO VOSO INTERÉS E ESFORZO.

CONCURSO


 VENDO A NECESIDADE DE QUE O ALUMNADO SE DETIVESE A LER OS TRABALLOS REALIZADOS EN MURAIS E CO OBXECTIVO DE QUE APRENDAN A BUSCAR INFORMACIÓN E POSTERIORMENTE RECOLLELA PLANIFICAMOS UN CONCURSO CUNHAS BASES MOI SINXELAS. DEBERÁN CONTESTAR UNHAS PREGUNTAS SOBRE O TRABALLO EXPOSITIVO DE 2 MULLERES MATEMÁTICAS GAÑADORAS DE IMPORTANTES PREMIOS E DE MULLERES MATEMÁTICAS AO LONGO DA HISTORIA. ESTAMOS MOI SATISFEITAS DA ACOLLIDA E DA PARTICIPACIÓN POLO QUE VOLVEREMOS A REPETILO EN PRÓXIMAS OCASIÓNS. NA VINDEIRA SEMANA PUBLICAREMOS OS GAÑADORES QUE SAIRÁN POR SORTEO.
 O ALUMNADO DE ED. INFANTIL ELABOROU UN TRABALLO DAS MULLERES MÁIS IMPORTANTES DAS SÚAS VIDAS : AS SÚAS MAMÁS

     

lunes, 2 de marzo de 2015

LECTURAS DÍA DA MULLER

NESTE ISSUU, QUE PRESENTAMOS A CONTINUACIÓN, PODEDES VER AS LECTURAS QUE SE PROGRAMARON DENDE O EQUIPO DA BIBLIOTECA PARA TRABALLAR COS NEN@S DURANTE A SEMANA DO 2 AO 10 DE MARZO PARA CELEBRAR O DÍA DA MULLER. ACHEGAMOS UN ENLACE A UN ARTIGO DE OPINIÓN DE MARISA MERCADO MERINO, SOCIÓLOGA E COORDINADORA DA LIGA ESPAÑOLA PROL DEREITOS HUMANOS E FEDERACIÓN ESPAÑOLA PROL DEREITOS HUMANOS PUBLICADO EN NOTICIAS DE NAVARRA PARA COMENTAR NAS AULAS DE 3º CICLO.