miércoles, 28 de octubre de 2020

NOVIDADES

 

Xa están aquí as primeiras novidades deste curso!!!

Pincha na imaxe para descubrilas!!!




ACTIVIDADE NA NATUREZA: SENDEIRISMO

 Outra actividade física ao aire libre promovida dende a área de educación física e moi vinculada co proxecto de centro “ Pasiño a pasiño facemos o camiño “ é a saída de sendeirismo. Desta vez, centrouse no camiño de Fisterra dado que pasa polo concello de Ames no traxecto de Santiago a Negreira. Faise por aulas dada a situación provocada pola pandemia para manter o grupo estable. Ata o momento levamos feitas varias e continuaremos co resto de grupos de terceiro a sexto de primaria, en función da climatoloxía.

Previamente á saída elaborouse un arquivo con información relacionada co camiño de Fisterra, facendo fincapé no tramo que pasa polo concello de Ames. Tanto este arquivo como o vídeo explicativo “ Sendeirismo unha actividade saudable “ foron  expostos na área de educación física na aula virtual para traballalos cos alumnos antes da saída.

Trátase dunha andaina dende Santiago ( onde podemos divisar as torres da Catedral ) ata o Alto do Vento ou ata Aguapesada no concello de Ames. É un percorrido de aproximadamente 9 ou 12 km respectivamente. Os cursos máis baixos realizan o máis curto e os máis altos o máis longo.








ACTIVIDADE NA NATUREZA: ORIENTACIÓN EN 6º DE PRIMARIA

 

Este curso debido á Covid 19, a actividade física de orientación de educación física só puido realizarse con 6º de primaria. O día 30 de setembro fixérona 6º A e 6º C e o 9 de outubro 6º B.

Nesta ocasión estivo relacionada co camiño de Santiago, concretamente coa ruta do Camiño francés.

Previamente á realización práctica desta actividade ao aire libre no parque de Bertamiráns, coméntaselles aos alumnos a información máis relevante relativa ao camiño de Santiago, en particular á ruta do Camiño francés. Dita información quedou á disposición do alumnado en Edixgal na área de educación física para a súa posible consulta posterior.

Tratábase de facer un percorrido polo parque de dez balizas. Cada baliza tiña unha pista: unha imaxe, palabra ou data relacionada coas etapas do Camiño francés. De 5 en 5 minutos saían correndo dous alumnos-as, concretamente o número par e o impar. Cada un levaba un mapa do parque no que aparecía a situación das balizas, a credencial coas 10 balizas relativas as etapas do camiño, un reloxo e un bolígrafo.  Os alumnos pares na súa credencial tiñan completas as pistas das balizas 1, 3, 5, 7 e 9 e debían cumprimentar as pares poñendo o indicado nas balizas 2, 4, 6, 8 e 10. Así mesmo, os impares nas súas credenciais debían facer a inversa. Desta forma cada alumno completaría na credencial 5 ocos, tendo en conta que dispoñía de 15´para facer o percorrido completo e atopar as 5 pistas correspondentes. Unha vez finalizado todo o percorrido por todo o alumnado, procedeuse a que cada un verificara os acertos obtidos.

Ao remate da actividade fíxoselles entrega dunha “ Compostela ” elaborada para mesma e acreditando a súa participación.







AS NOSAS PORTAS

 Dentro do noso PDI: "Pasiño a pasiño facemos o camiño" decoramos as nosas portas de aula para ir ambientando o noso cole ao noso alumnado.

Espero que vos gusten!!!

PINCHA NA IMAXE



Xeografías Lectoras na Biblioteca Escolar

 A Asesoría de BE publica o lema e o cartel para o presente curso, poñendo o foco nas posibilidades que ofrece a Biblioteca Escolar para a construción da persoa lectora a través das diferentes actividades que programa, recursos, itinerarios lectores...

Inspirador e motivador o cartel e o lema elexido pola Asesoría, un mundo de posibilidades a través da biblioteca como elemento imprescindible en toda escola e dinamizador de aprendizaxes.

XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR


Nós, na liña proposta pola Asesoría, camiñaremos nun camiño de aprendizaxes vertebrados polo noso PDI anual, que forma parte do Plan Lector.
No Plan Lector tamén se recollen os hábitos e itinerarios lectores, que inclúen, entre outros, os libros de lectura do presente curso con calidade contrastada e dinamizando a lingua.


Exploremos, pois, o mundo de posibilidades lectoras para construír a nosa xeografía persoal e social perseguindo sempre...UN MUNDO MELLOR.

lunes, 26 de octubre de 2020

24 de outrubro: Día das Biliotecas Escolares

 Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas. 

As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que están sempre ao noso carón. 

A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS. 

Por iso, para celebrar este día, e porque este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia é "Xeografías Lectoras na biblioteca escolar", as nenas e nenos do noso colexio, investigaron sobre monumentos e lugares históricos do noso concello dentro do noso PDI"Pasiño a pasiño facemos o camiño", e realizouse unha "GUÍA PARA PEREGRINOS DO CONCELLO DE AMES", para que todos aqueles peregrinos e peregrinas que realizan o camiño de Santiago e pasan por Ames, poidan gozar e coñecer a riqueza do noso patrimonio.

miércoles, 14 de octubre de 2020

PDI: " PASIÑO A PASIÑO FACEMOS O CAMIÑO"

 No presente curso iniciaremos o PDI "Pasiño a pasiño facemos o camiño"  aproveitando que, o vindeiro ano se celebra o "Xacobeo 2021" e vencellado ademáis, ao Proxecta sobre Educación Patrimonial.

Faremos diferentes roteiros polos dous camiños que imos traballar, o camiño portugués e o de Fisterra, dado que son os dous que pasan polo noso concello; descubrindo deste xeito, a xeografía, a cultura, a gastronomía, a historia e moitas cousas máis destes camiños.

Plantexámonos que dito proxecto, terá unha duración de dous cursos académicos para poder afondar sobre este tema.



domingo, 4 de octubre de 2020

Protocolo para desfrutar da biblio

 Ola!!!


Aquí vos traemos, como prometimos, unhas normas para poder volver desfrutar da biblio da forma máis segura posible... así tedes tempo para ir revisando e botando unha ollada! E por suposto, se tedes algunha dúbida podedes preguntar!!

Primeiro, unha pequena infografía coa información máis básica!

INFOGRAFÍA


E aquí, unha presentación con algunhas cousas máis explicadas...


Estamos seguros de que entre todos/as, poderemos ter ao virus afastado do noso cole!!

Por certo, tede en conta que poden sufrir modificacións 
se hai instruccións novas! Pero irémosvos avisando de todo!