lunes, 26 de octubre de 2020

24 de outrubro: Día das Biliotecas Escolares

 Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas. 

As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que están sempre ao noso carón. 

A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS. 

Por iso, para celebrar este día, e porque este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia é "Xeografías Lectoras na biblioteca escolar", as nenas e nenos do noso colexio, investigaron sobre monumentos e lugares históricos do noso concello dentro do noso PDI"Pasiño a pasiño facemos o camiño", e realizouse unha "GUÍA PARA PEREGRINOS DO CONCELLO DE AMES", para que todos aqueles peregrinos e peregrinas que realizan o camiño de Santiago e pasan por Ames, poidan gozar e coñecer a riqueza do noso patrimonio.