miércoles, 28 de abril de 2021

ENCONTROS CON AUTORES

Para celebrar o mes de abril tivemos a oportunidades de desfrutar dalgúns autores dos libros do noso itinerario lector.

O alumnado de 1º e 2º de E. P. contou coa presencia de David Rodríguez, autor de "Superavoa".

 

Os de 4º de E. P tiveron unha videoconferencia con Pere Tobaruela, autor de "Formigas: Misión Camiño de Santiago".


Os de 6º de E. P tiveron unha videoconferencia con Andrea Maceiras, autora de "Conta nove estrelas".


Puideron comentar con eles como xurdiu a historia, a orixe dos personaxes e contestaron ás preguntas feitas polo alumnado.


lunes, 26 de abril de 2021

Día do LIBRO 2021

 Aquí tedes algúns exemplos dos traballos realizados nas distintas aulas para celebrar o DÍA DO LIBRO

preme na imaxe



viernes, 23 de abril de 2021

CREAcción Día do Libro 2021

 

No CEIP Agro do Muíño démoslle vida a un novo espazo lector. Para iso, dentro do noso PDI “ Pasiño a pasiño facemos o Camiño”, mesturándoo co lema deste curso “Xeografías Lectoras” montamos o noso CAMIÑO POÉTICO,  empregando distintos recursos (plásticos, sonoros e literarios) e nel participaron a totalidade das aulas do centro. Trátase dun corredor que comunica o centro co pavillón  e nel creamos este espazo, que se fusiona co día da árbore e co proxecto Voz Natura: PASIÑO A PASIÑO FACEMOS O CAMIÑO DA POESÍA.

A actividade consistiu en recompilar ou inventar poesías relacionadas co Camiño, plasmalas nunha pedra de cartón pluma, decoralas, recitalas e gravalas. Todo isto acompañado dunha bota de peregrino decorada e chea de flores simbolizando a nosa peregrinaxe. Deste xeito, e tendo en conta a  situación de pandemia que estamos a vivir, buscamos que todo o alumnado poida gozar da totalidade das poesías das diferentes aulas, dándolle vida ao noso novo espazo  lector.








jueves, 22 de abril de 2021

CONTO DO CAMIÑO

 Hoxe chegounos unha pequena historia moi chula, que queremos compartir con vós.

Agradecemos a participación da familia de Danel e Jon de 5anos - A e de 3 anos - A nesta actividade para festexar o Mes do Libro.

MOITAS GRAZAS POR ANIMARVOS A PARTICIPAR!!!