martes, 30 de noviembre de 2021

FALADOIROS NO MUÍÑO 4

Nesta ocasión, que mellor que aprender de dous irmáns maiores que ademais comparten o seu coñecemento científico. Kostka e Jordan realizaron varios experimentos na aula de 4 anos A co seu irmán.

Son 3 grandes científicos!!!

Grazas por compartir e pola vosa visita!!!

Preme na imaxe para velo


lunes, 29 de noviembre de 2021

25 N nas aulas

Ao longo da semana pasada estivemos traballando sobre o tema do Día en contra da violencia de Xénero.

Para facer visible a violencia contra mulleres e nenas, dende o centro propúxose que o alumnado, de xeito voluntario, viñera vestido de negro.

Grazas ás familias pola súa colaboración.

Preme na imaxe para vernos


Tamén podes ver no seguinte vídeo os traballos realizados.



viernes, 26 de noviembre de 2021

FALADOIROS NO MUÍÑO 3

 Nesta ocasión recibimos a visita de Verónica e Isabel que fixeron varios experimentos na clase de 4 anos A.

Preme ma imaxe para velo



Moitas grazas pola vosa visita!!!


miércoles, 24 de noviembre de 2021

25 N 2021

 Para esta ocasión, en relación co noso PDI: "Pasiño a pasiño facemos o camiño" e en colaboración  cós diferentes equipos de traballo, achegamos a proposta, de realizar dous camiños "violetas", sinalizados cunhas flechas e partindo dunha lista de palabras positivas e negativas, relacionados co tema da VIOLENCIA DE XÉNERO, onde cada aula, coa súa palabra, reflexionou sobre a situación actual ante este tema. 

Estes dous camiños, se colocaron polo corredor do centro, que se xuntaban  nun mural central e o lema escollido foi:


E TI, QUE CAMIÑO ELIXES?

NON CAMIÑEMOS POLO CAMIÑO DA VIOLENCIA

Tamén, non queríamos esquecer o noso pasado, o pasado da figura da Muller Celta e o seu papel tan relevante.



MATERIAIS DA BIBLIOTECA

martes, 23 de noviembre de 2021

COMEZO DE FORMACIÓN

 Tarde de formación do noso profesorado en AGROBIBLIO de

NEUROEDUCACIÓN



da man de Lara Arribas e Eva Muñoz.





FALADOIROS NO MUÍÑO 2

 Como neste mes é o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas Escolares, nesta ocasión, o papá Xoán Ramón, fíxonos un espectacular experimento.

Preme na imaxe para velo



Moitas grazas pola túa visita!!!

viernes, 19 de noviembre de 2021

DEREITOS DA INFANCIA: DÍA DO PIXAMA

 

Esta semana é unha das mais importantes do ano, a piques de chegar o día no que celebramos 
os Dereitos da Infancia e Adolescencia!
O 20 de novembro xa está aquí!

Hoxe día 19, para celebralo nos sumamos á iniciativa de ACOUGO:
NENAS, NENOS E ADOLESCENTES do Sistema de Protección!

Polo seu dereito a medrar en familia, ás súas orixes e todos os dereitos que teñen recoñecidos, e que non sempre son respectados.

Ir en pixama ao cole quere representar ese momento que se vive ao ir para cama, cando se arroupan, se conta un contiño e falamos de como foi o día. Moitos nenxs que non poden vivir coa súa familia, precisan familias para poder vivir estes momentos como xs demais.

Porque aínda que nos centros residenciais os coidan moi ben, non viven en familia... E como sabemos, vivir en familia é un dereito!!!

Preme na imaxe para vernos en pixama!!!


ALGÚNS EXEMPLOS DE TRABALLOS REALIZADOS NAS AULAS





 MATERIAIS NA BIBLIOTECA





jueves, 18 de noviembre de 2021

Dúas Mulleres de Ciencia Galegas no noso camiño

 

Hoxe o alumado de 4º A tivo a sorte de contar cun "Obradoiro sobre Mulleres Científicas", da man de Fátima Rodríguez Piña, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Este obradoiro deunos a coñecer as expedicións que realizaron dúas mulleres científicas galegas Isabel Zendal Gómez e Ánxeles Alvariño González. Explicou a súa biografía e realizou dous experimentos científicos nos que se abordaron os  conceptos de microbioloxía e inmunoloxía.

O obxectivo deste obradoiro é dar visibilidade e recoñecemento a través dos experimentos científicos a estas dúas mulleres Científicas e Galegas en Galicia , posto que os seus descubrimentos e expedicións son un exemplo de constancia, traballo e filantropía, que son valores que de maneira transversal, xunto coa educación en igualdade entre homes e mulleres, educación en saúde e educación polo medio ambiente se pretendeu potenciar neste obradoiro.

preme na imaxe para ver o vídeo






lunes, 15 de noviembre de 2021

COMEZAMOS COS FALADOIROS!!!

 Como sabedes, neste mes comezamos 

"OS FALADOIROS NO MUÍÑO"

Nesta ocasión, coa avoa científica Irene, que veu a facer uns experimentos na aula de 4 ANOS A.

Moitas grazas pola túa participación!!!


Preme na imaxe para ver a súa visita



jueves, 4 de noviembre de 2021

RADIO NA BIBLIO

 



Gran nova a recibida onte! 
Somos un dos 30 centros de nova incorporación ao programa 
Radio na biblio!

Grazas a este programa poderemos montar un laboratorio de radio, o que supón un novo gran recurso!!!

miércoles, 3 de noviembre de 2021

FESTAS DA CIENCIA

 NOVEMBRO, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas - 2021

E temos a sorte de que esta viaxe (a científica) se poida facer dende as bibliotecas, que non só acollen libros e outros materiais, senón que tamén acollen descubrimentos e camiños de aprendizaxe, cos éxitos e tamén os fracasos da ciencia e da tecnoloxía, porque cometer erros tamén é aprender. Amparo Alonso Betanzos
 
Desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, de Amparo Alonso Betanzos, profesora, enxeñeira química e investigadora en intelixencia artificial. 

Cartel realizado por Noela 2º B

Durante o mes, a ciencia será a protagonista e encheremos a nosa Agrobiblio de ciencia e "pequecientificxs", de todas as idades.

Para comezar este camiño de Ciencia en GALEGO, dispoñemos a "Maleta de primeiros experimentos de ciencia Snacklab" do CAFI.