miércoles, 3 de abril de 2013

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

 "Só da mao do teatro somos capaces de nos soñar nos outros, ao nos reflectir nas súas personaxes"        (Cesáreo Sánchez Iglesias)

Este día mundial do teatro celébrase cando a cultura galega homenaxea no 17 de maio a Roberto Vidal Bolaño, unha das figuras senlleiras da nosa literatura dramática, ademais de promotor da modernización e dignificación en Galicia das profesións vinculadas coa produción teatral.
Coma unha homenaxe á xente do teatro visionamos no Centro a obra MERLÍN
Merlín
Furaventos arriba coa seu dorna na praia das Tebras sen sospeitar que está en Avalón, a mítica illa onde aínda viven Merlín, Morgana e o rei Artur dende hai mil cincocentos anos, grazas ás mazás da inmortalidade.
Achegámonos á fantástica literatura Artúrica que encheu a imaxinación das xentes dende hai mil anos con personaxes tan coñecidos como Lanzarote, Galván, a raíña Xenebra, Uther Pendragón, Nineve, Mondred e por suposto Merlín, Morgana e o rei Artur.......