xoves, 13 de novembro de 2025

Semana da Ciencia no Agro: viaxando ata a orixe do Universo!

Durante a Semana da Ciencia contamos coa visita de Patricia, axente medioambiental do Concello de Ames, e do seu equipo, que guiaron ao alumnado nun percorrido polo inicio e a evolución do Universo.

A través de explicacións sinxelas e exemplos visuais, o estudantado descubriu como se produciu o Big Bang, como se formaron as galaxias, estrelas e planetas e por que o Universo continúa en expansión. Tamén reflexionaron sobre o seu futuro, analizando dúas hipóteses principais: que siga expandíndose ou que nun momento dado volva contraerse (Big Crunch).

As estacións científicas do obradoiro

Para comprender mellor estas ideas, organizáronse varias mesas de traballo polas que foron rotando:

  • Mesa 1: A expansión do Universo e como o espazo segue crecendo.

  • Mesa 2: A creación das galaxias despois da explosión inicial e a formación de estrelas e planetas.

  • Mesa 3: As fases da Lúa mediante experimentación con luz e movemento.

  • Mesa 4: As capas internas da Terra e a evolución dos continentes.

  • Mesa 5: O movemento das placas tectónicas e a lenta deriva continental ao longo de millóns de anos.

A actividade permitiu visualizar conceptos complexos, fomentar a curiosidade científica e comprender mellor a historia do Universo dun xeito práctico e motivador.

Non perdades as fotos e vídeos da xornada, nas que se aprecia o entusiasmo coa que vivemos esta viaxe polo cosmos.