FALADOIRO: Conto + Experimento
Esta semana tivemos unha visita moi especial na clase de 2ºA: a nai de Miguel veu para contarnos o conto Planeta Gelatina , unha historia chea de imaxinación na que o protagonista —oh, sorpresa!— tamén se chama Miguel… ¡igual co noso compañeiro!
No conto, Miguel viaxa polo espazo nun foguete superpotente na procura do misterioso Planeta Xelatina, un lugar cheíño de sorpresas… e de xelatina por todas partes!
Pero aí non rematou a aventura. A nai de Miguel trouxo tamén todo o necesario para facer un experimento divertidísimo: construír o noso propio foguete voador, igualiño ao da historia. E, claro… ¡non perdemos a oportunidade!
Pasámolo xenial construíndo o foguete, decorándoo e, sobre todo, vendo como saía disparado cara ao ceo da clase. Risas, emoción e algún “oooh!” tamén
Moitas grazas pola túa colaboración.
PREME NA IMAXE
