venres, 20 de novembro de 2020
xoves, 19 de novembro de 2020
Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Biliotecas
Como xa é tradicional no centro, en novembro sumámonos á iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para celebrar o Mes da ciencia en galego, que este ano conta co manifesto "O feitizo da ciencia" elaborado polo investigador e divulgador científico Xurxo Mariño.
luns, 9 de novembro de 2020
Samaín 20
Entre o 31 de outubro e o 1 de novembro, celebramos o SAMAÍN, festividade de tradición Celta, que marca o remate de tempada de colleita e o comezo do inverno.
Este curso, pola situación de pandemia que estamos a vivir, vímonos na obriga de cambiar a perspectiva da nosa celebración cunha proposta nova:
luns, 2 de novembro de 2020
Mesas preparadas!!!
Xa temos as mesas da nosa bilioteca preparadas!!
Utilizaránse as que están marcadas para así poder manter a distancia de seguridade e poder gozar deste espacio tan motivador e recreativo!!!
mércores, 28 de outubro de 2020
ACTIVIDADE NA NATUREZA: SENDEIRISMO
Outra actividade física ao aire libre promovida dende a área de educación física e moi vinculada co proxecto de centro “ Pasiño a pasiño facemos o camiño “ é a saída de sendeirismo. Desta vez, centrouse no camiño de Fisterra dado que pasa polo concello de Ames no traxecto de Santiago a Negreira. Faise por aulas dada a situación provocada pola pandemia para manter o grupo estable. Ata o momento levamos feitas varias e continuaremos co resto de grupos de terceiro a sexto de primaria, en función da climatoloxía.
Previamente
á saída elaborouse un arquivo con información relacionada co camiño de
Fisterra, facendo fincapé no tramo que pasa polo concello de Ames. Tanto este
arquivo como o vídeo explicativo “ Sendeirismo unha actividade saudable “ foron
expostos na área de educación física na
aula virtual para traballalos cos alumnos antes da saída.
ACTIVIDADE NA NATUREZA: ORIENTACIÓN EN 6º DE PRIMARIA
Este
curso debido á Covid 19, a actividade física de orientación de educación física
só puido realizarse con 6º de primaria. O día 30 de setembro fixérona 6º A e 6º
C e o 9 de outubro 6º B.
Nesta
ocasión estivo relacionada co camiño de Santiago, concretamente coa ruta do Camiño
francés.
Previamente
á realización práctica desta actividade ao aire libre no parque de Bertamiráns,
coméntaselles aos alumnos a información máis relevante relativa ao camiño de
Santiago, en particular á ruta do Camiño francés. Dita información quedou á
disposición do alumnado en Edixgal na área de educación física para a súa
posible consulta posterior.
Tratábase
de facer un percorrido polo parque de dez balizas. Cada baliza tiña unha pista:
unha imaxe, palabra ou data relacionada coas etapas do Camiño francés. De 5 en
5 minutos saían correndo dous alumnos-as, concretamente o número par e o impar.
Cada un levaba un mapa do parque no que aparecía a situación das balizas, a credencial
coas 10 balizas relativas as etapas do camiño, un reloxo e un bolígrafo. Os alumnos pares na súa credencial tiñan
completas as pistas das balizas 1, 3, 5, 7 e 9 e debían cumprimentar as pares poñendo
o indicado nas balizas 2, 4, 6, 8 e 10. Así mesmo, os impares nas súas
credenciais debían facer a inversa. Desta forma cada alumno completaría na credencial
5 ocos, tendo en conta que dispoñía de 15´para facer o percorrido completo e
atopar as 5 pistas correspondentes. Unha vez finalizado todo o percorrido por
todo o alumnado, procedeuse a que cada un verificara os acertos obtidos.
Ao
remate da actividade fíxoselles entrega dunha “ Compostela ” elaborada para
mesma e acreditando a súa participación.
AS NOSAS PORTAS
Dentro do noso PDI: "Pasiño a pasiño facemos o camiño" decoramos as nosas portas de aula para ir ambientando o noso cole ao noso alumnado.
Espero que vos gusten!!!
PINCHA NA IMAXE
Xeografías Lectoras na Biblioteca Escolar
A Asesoría de BE publica o lema e o cartel para o presente curso, poñendo o foco nas posibilidades que ofrece a Biblioteca Escolar para a construción da persoa lectora a través das diferentes actividades que programa, recursos, itinerarios lectores...
Inspirador e motivador o cartel e o lema elexido pola Asesoría, un mundo de posibilidades a través da biblioteca como elemento imprescindible en toda escola e dinamizador de aprendizaxes.
XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR
luns, 26 de outubro de 2020
24 de outrubro: Día das Biliotecas Escolares
Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que están sempre ao noso carón.
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS.
Por iso, para celebrar este día, e porque este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia é "Xeografías Lectoras na biblioteca escolar", as nenas e nenos do noso colexio, investigaron sobre monumentos e lugares históricos do noso concello dentro do noso PDI"Pasiño a pasiño facemos o camiño", e realizouse unha "GUÍA PARA PEREGRINOS DO CONCELLO DE AMES", para que todos aqueles peregrinos e peregrinas que realizan o camiño de Santiago e pasan por Ames, poidan gozar e coñecer a riqueza do noso patrimonio.
mércores, 14 de outubro de 2020
PDI: " PASIÑO A PASIÑO FACEMOS O CAMIÑO"
Plantexámonos que dito proxecto, terá unha duración de dous cursos académicos para poder afondar sobre este tema.
domingo, 4 de outubro de 2020
Protocolo para desfrutar da biblio
Ola!!!
Primeiro, unha pequena infografía coa información máis básica!
INFOGRAFÍA





















