jueves, 30 de noviembre de 2017

PRESENTACIÓN LIBRO. TEMA: ACOSO ESCOLAR COMO AXUDO A ANTÓN?


 Jorge López Penas e Eva Rieiro (autor e ilustradora) do libro COMO AXUDO A ANTÓN? achegáronse polo centro para presentar o seu libro ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed .Primaria.

Libro ben interesante e extraordinario recurso para traballar o tema do acoso escolar






Os  personaxes protagonistas son animais que representan situacións non desexable de relación social cara a un compañeiro, en repetidas e continuadas ocasións.  



Mediante un xogo simbólico con tarxetas de cores, verdes e vermellas,  o alumnado respondía a situacións de relación escolar  segundo lle parecesen axeitadas ou non axeitadas.







Ao mesmo tempo, a través da técnica de "Torbellino de Ideas" buscaban alternativas e solucións cara a situacións de acoso sufridas por Antón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario