viernes, 3 de noviembre de 2017

TAMÉN XOGAMOS NO SAMAÍN


E UN ANO MÁIS VOLVEMOS A CELEBRAR O SAMAÍN. NESTA OCASIÓN O TEMA FORON OS XOGOS. DIFERENTES XOGOS TRADICIONAIS E POPULARES  ELABORADOS CON CABAZAS E ESPIGAS DE MILLO. OS PAIS E NAIS, COMO EN ANOS ANTERIORES, FORON OS QUE FIXERON POSIBLE ESTA FESTA. PARTICIPARON MASIVAMENTE NA REALIZACIÓN PLÁSTICA FACENDO GALA DUNHA GRANDE CREATIVIDADE. 

POLA TARDE DENDE AS 18:30 ATA AS 20.30 EN COLABORACIÓN COA AMPA HOUBO UNHA TERRORÍFICA FESTA NO PATIO. ASISTIRON MOITOS PAIS E NAIS QUE AGASALLARON AOS NENOS/AS CON DOCES TÍPICOS DESTA CELEBRACIÓN ADEMAIS DE EXQUISITOS BOLICOS E TARTAS FEITAS CON CABAZA.

FOI UNHA FESTA TERRORIFICAMENTE DIVERTIDA.
 AMOSAMOS UN PEQUENO VIDEO DESTA CELEBRACIÓN

No hay comentarios:

Publicar un comentario