viernes, 9 de julio de 2010

ENCONTRO CON AUTORES




Entendemos que a Biblioteca Escolar debe ser a dinamizadora da vida do Centro, e por iso cada ano dende que comezou a súa andaina, no Colexio se organizan encontros con autores para @s alumn@s de segundo e terceiro ciclo por parte da comisión da bibloteca, procurando deste xeito un achegamento d@s nen@s ós autores dos libros que leen. Na medida das nosas posibilidades téntase que polo menos tódolos anos nos visite, cando menos, un autor de literatura infantil, un ilustrador,un contacontos para o primeiro ciclo....Así polo noso centro pasaron escritores como Fina Casalderey ou Xabier Pérez Docampo quenes tiveron a pacencia de respostar a tódalas preguntas que lles fixeron os alumn@s, así como a de asinar unha cantidade inxente de libros para todo aquel alumn@ que llo solicitou sen perder o sorriso.