lunes, 12 de julio de 2010

COMPARTÍNDO CONTOS


Os alumnos de 5º o día da representación da súa obra :" O reiseñor da China".


Todo un éxito de público e de bo facer. Menudos artistas estes rapaces!
Os decorados da obra foron preparados por eles coa axuda da nosa artista persoal, Gelimar, a nosa compañeira que dálle a todo, e no campo artístico é unha verdadeira alfaia que temos no Centro.







"Compartíndo contos" foi unha actividade englobada no Proxecto de Biblioteca sobre a Intercuturalidade e que implicou @s alumn@s e profesores de determinados cursos.Pero que gustou tanto a iniciativa, que tivo que ser extendida a case tódolos cursos do colexio.
O xoves 6 de maio @s nen@s de primeiro representaron na Biblioteca do centro o conto "O pequeno sioux" que as profesoras lle tiñan previamente contado na aula. Prepararon uns murais chulisimos que pintaron eles mesmos con témperas e despois empregaron como telón de fondo o día da representación.Os murais representaban un poboado indio, con tódolos seus elementos ,os tepees, os tottems, o xefe indio, os mouchos, as estrelas....e as personaxes do conto: Coiote Colorado, Touriño Sentado e o seu papá o Gran Xefe Sioux, Formiga Negra, Galiña Emplumada....Como o fixeron tan ben, tiverono que dramatizar para tódolos nen@s de Educación infantil e para os de 2º curso de primaria.Vaia éxito!.