sábado, 5 de junio de 2010

A CHINOTECA




Na quincena do 1 ao 15 de Decembro do ano 2009 organizouse no noso Colexio una Exposición de libros en castelán sobre a Cultura chinesa para todos os Ciclos . Para a posta en marcha de esta Exposición, o Equipo da Biblioteca Escolar púxose en contacto coa "Asociación QU YUANQU" formada por nais e pais adoptantes de nen@s chineses.

Os libros aportados por esta Asociación eran dunha beleza tan impactante, que houbo que amplíar a exposición algúns días máis para que poidese recorrer todas as aulas do noso Centro. Estes libros tiveron un protagonismo especial durante o mes de Decembro e podíamos atopar entre eles, exemplares tan curiosos coma a primeira cartilla para aprender a escribir e falar en chinés.
Os libros colocáronse nun lugar da planta baixa do corredoiro.Un lugar relevante, onde todos os nen@s podían velos e collelos con máis facilidade.