venres, 20 de maio de 2022

Premios aos mellores lectores e agasallos aos colaboradores da biblioteca

 Dende a dirección do centro e clasutro de profesores, especialmente do equipo da biblioteca queremos felicitar ao noso alumnado que foi premiado como mellores lectores do curso 21-22 (Valentina Rouco, Uxía Busto, Fabián Míguez e Martín Cacheiro) e agradecer enormemente ao alumnado de 6º, COLABORADORES DA BIBLIOTECA, que fan que sexa un espazo máis acolledor e organizado. 

EN HORA BOA A TODOS ELES!!!






xoves, 19 de maio de 2022

FALADOIROS NO MUÍÑO 7

 Dentro da actividade FALADOIROS NO MUÍÑO, contamos coa presencia da nai de Kostka, de 3º B, na que xogamos a "Preguntas inconfesables sobre o Camiño Francés".

Estivo moi ben e divertido!

preme na imaxe



mércores, 18 de maio de 2022

Festa das Letras Galegas 2022

 O pasado luns, foi un día de baile, música, poesía, teatro e maios para celebrar a festa das LETRAS GALEGAS.

Parabéns aos artistas pola súa participación nos diferentes ámbitos e ao público pola súa  total entrega coas actuacións. Seguiremos celebrando as Letras Galegas cada día.

  

 

Preme na imaxes





Obras de teatro realizadas polo alumnado de 5º A






venres, 13 de maio de 2022

Escape Room no Camiño!

 O alumnado de 5º de E.P., hoxe disfrutaron da actividade “Escape Room no Camiño” plantexada por Sabela Losada Cortizas, que quedou pendente polo tempo, dentro das actividades organizadas no centro polo 8M.

“Atención rapazada, sodes un grupo de peregrinas e peregrinos medievais a Santiago de Compostela que perdéronse no camiño e ao entraren nun pazo para pedir axuda quedaron atrapadas. So a través de colaborar e resolver varias probas poderedes saír dos muros vellos que vos rodean e voltar ao bo camiño. Pero coidado, porque as pedras comezan a caer, o teito parece ceder e non hai moito tempo para facer fronte os desafíos e chegar ao exterior. Estades con forzas e cos miolos ben espertos para superar esta aventura? Como bos e boas peregrinas, todo o que saibades do Camiño vaivos axudar!!”

 preme na imaxe




xoves, 12 de maio de 2022

Faladoiro sobre Neuroeducación

O profesorado do centro participante no PFPP: 

"Traballando coa nueroeducación no CEIP Agro do Muíño", aborda neste faladoiro os aspectos máis salientables do aprendido nesta formación.

Agardamos que vos resulte de interese!


mércores, 11 de maio de 2022

Concerto Cé Orquestra Pantasma

 Actividades Letras Galegas 2022!

Para comezar hoxe tocou unha sesión de animación musical que estivo a cargo do artista Cé Orquestra Pastasma. Os nenos e nenas disfrutaron moito ao aire libre cantando e interactuando co músico.





venres, 6 de maio de 2022

Visita á Radio Agroonda polo alumnado de 6º B Infantil

 Os nenos e nenas de 6º B de infantil viñemos á radio para dicir as rimas do noso nome. 

Agardamos que vos guste.


mércores, 27 de abril de 2022

FALADOIROS NO MUÍÑO 6

 Dentro da actividade FALADOIROS NO MUÍÑO, contamos coa presencia do pai e nai de Onda, de 4 anos B, que nos contaron un conto dunha nena chamada Marta que fai o Camiño de Santiago, mesturando mímica, música, acrobacias, baile, malabares...

Foi moi divertido e pasámolo moi ben!!!

preme na imaxe



martes, 26 de abril de 2022

CHARLA: "Perigos de Internet, videoxogos e redes sociais"

 ESCOLA DE PAIS E NAIS

Onte, tivemos no ximnasio do centro, a segunda sesión de Escola de nais e pais correspondente ao 2º trimestre, actividade en colaboración coa ANPA e o CAFI. O título do obradoiro foi:

"PERIGOS DE INTERNET, VIDEOXOGOS E REDES SOCIAIS". 

Impartido por Mercedes Urbiola, recoñecida pedagoga e responsable da escola Montessori en Bertamiráns.

preme na imaxe




xoves, 21 de abril de 2022

Nova visita á Radio Agroonda polo alumnado de 5 anos A

 A aula verde de Infantil, elexiron dentro do itinerario lector un conto que traballaron durante o 2º trimestre. E facíalles ilusión contarnolo na nosa radio Agroonda, así que ahí está o

"Quen vén esta noite? 

polas nenas e nenos de 5 anos A.

Despois realizaron un pequeno coloquio sobre o conto.

Teñen unha mensaxe dalgún dos protagonistas...quen será?...

Escoitade con moita atención


martes, 19 de abril de 2022

Día do LIBRO 2022

Continuamos co noso camiño...nesta ocasión de contos!!!

Para celebrar o Día do Libro 2022, dende o equipo de biblioteca propuxemos a actividade: "Escolle un conto, escolle un camiño". 

Cada aula escolleu un destino e unha emoción relaionada cun conto do noso Itinerario Lector. Decoraron dúas frechas coas palabras elexidas, quedan preciosas no corredor do ximnasio.

Esperamos que vos guste!!!

Corredor do ximnasio

Preme na imaxe para ver as palabras elexidas por cada aula


Tamén temos unha selección de contos na nosa biblioteca.


Algúns exemplos dos traballos nas aulas











venres, 8 de abril de 2022

Visita de El Hematocrítico

 El Hematocrítico visitou o noso cole e concretamente  ao alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria, para falarnos dos seus libros: "Rapunzel con piollos " e "Feliz feroz", contos do noso itinerario lector deste curso.