Esta semana, do 16 ao 20 de novembro, Agrobiblio énchese de curiosidade, misterio e descubrimentos para celebrar o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas.
Durante estes días, os recreos converteranse nun pequeno laboratorio no que o alumnado dos diferentes cursos poderá participar nunha sorprendente experiencia científica.
Observaremos, formularemos hipóteses e experimentaremos para descubrir que detrás de algo aparentemente máxico se agocha unha explicación científica.
Ademais, na biblioteca preparamos unha exposición de libros de temática científica para seguir investigando, facéndonos preguntas e descubrindo o mundo que nos rodea a través da lectura.
E como este curso estamos inmersos no noso proxecto «O Muíño Encantado», non podía faltar un chisco de misterio...
SERÁ MAXIA OU SERÁ CIENCIA?
A aventura científica comeza en Agrobiblio!
