Os Animadores á lectura de 6º de Primaria visitaron a aula de 2º A para compartir o conto A vaca que puxo un ovo. Acompañados do seu teatriño e dos monicreques elaborados por eles mesmos, deron vida á historia dunha maneira divertida e moi expresiva.
luns, 20 de abril de 2026
FALADOIRO: O FUNCIONAMENTO DO UNIVERSO 1º C
Hoxe, Diogo, o pai de Dante de 1°C veu facer un faladoiro á nosa aula aproveitando que é profesor universitario e que coñece un montón de cousas acerca do funcionamento do Universo. Falounos da gravidade, de Isaac Newton, do movemento lineal e fixemos varios experimentos para comprender todas estas leis físicas.
Moitas grazas pola túa colaboración.
PREME NA IMAXE
venres, 17 de abril de 2026
ENTREVISTA AO PROFESORADO QUE NOS VISITA DENDE SORIA!
xoves, 16 de abril de 2026
FALADOIRO: CREANDO UN UNIVERSO DE MUNDOS 2º C
Hoxe tivemos un faladoiro moi creativo da man de Alma, nai de Rosalía, que nos convidou a crear pequenos mundos cheos de imaxinación.
Empregando materiais de refugallo e de uso cotiá, o alumnado puido deseñar e construír os seus propios universos, dando renda solta á súa creatividade.
Unha proposta moi enriquecedora que nos fixo reflexionar sobre a importancia de reutilizar materiais e crear de forma sostible.
Moitas grazas, Alma, por este faladoiro tan inspirador!
PREME NA IMAXE
A VACA QUE PUXO UN OVO EN ACCIÓN
De novo, os Animadores á lectura visitaron as aulas de 1º A e 1º C para compartir un novo conto no espazo de foros. Nesta ocasión, levaron A vaca que puxo un ovo, que representaron co seu teatriño e os monicreques elaborados por eles mesmos.
O alumnado seguiu a historia con moita atención, sorprendéndose e gozando das divertidas situacións do conto. As personaxes foron cobrando vida grazas á interpretación dos animadores, creando un ambiente cheo de risas e ilusión.
Unha nova sesión de lectura compartida que volveu ser todo un éxito.
Grazas aos animadores de 6º polo seu traballo, ilusión e dedicación.
PREME NA IMAXE
mércores, 15 de abril de 2026
FALADOIRO: SCRATCH 6º B
Hoxe visitounos Julián, o pai de Breixo de 6°B para facernos un obradoiro de Scratch. E como sabe que este curso estamos a investigar moito sobre o universo propúxonos crear unha simulación de como os planetas xiran ao redor do Sol. Foi moi interesante e aprendemos moitas cousas!
PREME NA IMAXE
martes, 14 de abril de 2026
FALADOIRO: POEMA "LÚA" E CONTO "O GALO KIRICO" 3 ANOS A
Hoxe tivemos un faladoiro moi especial na aula coa visita de Pastora, avoa de Martín, que nos agasallou cun fermoso momento cheo de palabra e tradición.
Comezou recitando o poema “Lúa”, achegándonos á poesía dun xeito moi emotivo. Despois, continuou coa narración do conto tradicional “O galo Kirico”, que o alumnado seguiu con moita atención e entusiasmo.
Foi unha experiencia moi enriquecedora, na que puidemos gozar da forza da poesía e dos contos populares transmitidos de xeración en xeración.
Moitas grazas, Pastora, por compartir connosco este tempo tan especial.
PREME NA IMAXE
luns, 13 de abril de 2026
FALADOIRO: "XOGANDO CO UNIVERSO" 5 ANOS B
Hoxe, visitounos Paula, a mamá de Nora, que veu compartir con nós unha actividade moi divertida relacionada co universo: UN BINGO ESPACIAL, no que, en vez de números, tiñamos imaxes e elementos do universo: planetas, estrelas, foguetes, astronautas, extraterrestres,... e ata FORMITAS (a nosa mascota)
Cada vez que xiraba, estabamos en silencio como no bingo de verdade e atentos para ver se tiñamos esa imaxe no noso tarxetón e poder tachala. Que emoción!!!! Todos querían ser os primeiros en completalo,....
A sorte quixo que fose LIRA a primeira en cantar bingo, pero serviunos para recordar algo moi importante: o mellor dos xogos non é gañar, senón participar e pasalo ben xuntos.
Despois, con Nora, xogamos ás adiviñas, cos planetas do noso sistema solar. A solución tiñaas ela moi ben representadas e decoradas por ela mesma en cartulinas negras moi vistosas.
Grazas pola túa colaboración.
PREME NA IMAXE
venres, 10 de abril de 2026
LENDO E CREANDO EN 2º A
Ao longo deste curso, durante a hora de lectura, exploramos diversas dinámicas: dende os libros do itinerario lector e a biblioteca itinerante con exemplares traídos da casa, ata os fondos do noso recuncho do espazo. Ademais, levamos a cabo un obradoiro de escritura creativa, tanto individual como grupal, ao que dedicamos dúas sesións semanais (reservando unha terceira para a lectura compartida). Foi emocionante ver como o que comezaron sendo historias breves se converteron en pequenos libros de varios capítulos. Unha experiencia auténtica!
PREME NA IMAXE
xoves, 9 de abril de 2026
QUEDA SITIO NA VASOIRA? 1º A
Continuamos cos Animadores á lectura cunha nova sesión na aula de 1º A, onde as alumnas de 6º levaron o conto Queda sitio na vasoira. A través da súa interpretación e dos monicreques, foron dando vida á historia, creando un ambiente cheo de maxia e atención.
O alumnado de 1º A seguiu o conto con moito interese e entusiasmo, desfrutando desta experiencia de lectura compartida.
Un novo encontro no que a lectura volveu ser protagonista.
Moitas parabéns polo voso traballo e dedicación!
PREME NA IMAXE
mércores, 8 de abril de 2026
Lectura Cuando Hitler robó el conejo rosa, de Judith Kerr
A lectura de Cando Hitler roubou o coello rosa, de Judith Kerr, permitiunos achegarnos a unha realidade histórica complexa desde a mirada dunha nena. A través desta historia, reflexionamos sobre temas como a guerra, o exilio, a perda e a inxustiza, entendendo que a maldade moitas veces nace no corazón humano e que aínda hoxe hai moitos nenos e nenas que sofren situacións difíciles no mundo.
Para traballar estes contidos, realizamos dinámicas de representación teatral nas que os participantes se disfrazaban e recreaban distintas escenas do libro, mentres o resto do grupo trataba de adiviñalas. Esta actividade fomentou a comprensión lectora, a expresión corporal e a empatía cara aos personaxes.
Ademais, levamos a cabo unha actividade moi especial que aparecerá proximamente noutro vídeo: unha práctica de repostaría na que representamos unha das escenas do libro de forma creativa. Foi unha experiencia moi motivadora e divertida para os participantes, que sen dúbida merece un espazo propio.
XA TEMOS GAÑADORES!!
Na biblioteca Agrobiblio vivimos unha xornada moi especial coa gran final do torneo infantil de xadrez.
Despois de moitas partidas cheas de concentración, estratexia e emoción, xa coñecemos aos gañadores desta edición, que demostraron un gran nivel e un excelente espírito deportivo ao longo de todo o torneo.
Parabéns aos campións e tamén a todo o alumnado participante, que fixo posible este torneo cun comportamento exemplar e moitas ganas de aprender e xogar.
Seguimos facendo da biblioteca un espazo para pensar, compartir e gozar… tamén a través do xadrez.
PREME NA IMAXE











