luns, 20 de abril de 2026

A VACA QUE PUXO UN OVO… E TODOS PARTICIPAN

 Os Animadores á lectura de 6º de Primaria visitaron a aula de 2º A para compartir o conto A vaca que puxo un ovo. Acompañados do seu teatriño e dos monicreques elaborados por eles mesmos, deron vida á historia dunha maneira divertida e moi expresiva.

O alumnado seguiu o conto con moita atención, gozando das situacións tan sorprendentes e cheas de humor que presenta a historia. Ademais, tiveron a oportunidade de participar activamente na sesión, colaborando e formando parte da historia.

As personaxes foron cobrando vida, facendo da sesión un momento moi especial de lectura compartida.

Unha nova experiencia na que a lectura, a creatividade e a ilusión volveron ser protagonistas.

Grazas aos animadores de 6º polo seu traballo, dedicación e entusiasmo.

PREME NA IMAXE