luns, 9 de febreiro de 2026

FALADOIRO: O GANCHILLO COMO ARTE TRADICIONAL 1º B

 Hoxe tivemos un faladoiro moi especial da man de Laura, nai de Ane, que nos achegou ao ganchillo como unha arte tradicional presente nas casas.

Comezamos cunha pequena explicación teórica e, despois, pasamos á práctica, onde cada neno e nena puido iniciarse neste labor co seu propio ovillo de la.

Ademais, Laura trouxo un fermoso agasallo para a nosa mascota Flopi: unha mantita espacial feita a man, que nos encantou a todos e todas.

Foi unha experiencia moi enriquecedora que nos permitiu descubrir e valorar as tradicións artesanais.

Moitas grazas, Laura, por compartir connosco o teu saber e a túa creatividade!

PREME NA IMAXE