xoves, 18 de decembro de 2025

AGROBIBLIO MIRA AO CEO

 No marco do noso PDI Agronautas en órbita, o alumnado de 5º e 6º de Primaria participou en Agrobiblio nunha interesante charla impartida por Ramón Iglesias e outro membro do Clube Astronómico Vega de Santiago.

Durante a sesión, os nenos e nenas descubriron como se producen os eclipses, coñeceron algunhas constelacións e aprenderon máis sobre os tres eclipses que poderán observarse desde Galicia nos próximos anos. Entre eles destaca o eclipse total de Sol de agosto de 2026, un acontecemento excepcional que poderá verse na súa totalidade desde a nosa comunidade.

A actividade permitiulles seguir explorando o universo e afondar en contidos relacionados coa astronomía, espertando a súa curiosidade científica e preparándoos para vivir un fenómeno que quedará gravado na memoria de toda unha xeración.

Moitas grazas ao Clube Astronómico Vega por compartir co noso alumnado os seus coñecementos e a súa paixón polo ceo e as estrelas.

PREME NA IMAXE