domingo, 24 de octubre de 2021

Día das Bibliotecas Escolares

 


Hoxe 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas Escolares, e... Sabedes porque adicamos un día especial ás Bibliotecas Escolares? 

Pois porque as bibliotecas escolares son moi importantes, xa que son as únicas bibliotecas polas que pasa toda a xente en idade escolar do noso pobo.

E nós temos a gran sorte de ter a nosa biblioteca, a Agrobiblio, pola que pasaron moitos dos nosos pais, nais, familiares e moitos compañeir@s e amig@s.