miércoles, 16 de mayo de 2018

XOGANDO CON GATOS (LETRAS 2018)



O DÍA 16 DE MAIO CELEBRAMOS NO CENTRO O DÍA GRANDE DAS NOSAS LETRAS. REALIZAMOS UN FESTIVAL AO QUE ASISTIU TODO O ALUMNADO DO CENTRO.
PREVIAMENTE O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA ELABOROU UNHA PRESENTACIÓN MULTIMEDIA SOBRE A AUTORA HOMENAXEADA Mª VICTORIA MORENO. A PROFESORA DE MÚSICA TRABALLOU O HIMNO GALEGO PARA PODER CANTALO TODOS XUNTOS NESTA OCASIÓN.  TAMEN ENSAIARON O ALALÁ DO MAIO.

O ALUMNADO DE 5º  DE PRIMARIA ADAPTOU A OBRA DE ANTÓN CORTIZAS, XOGANDO CON GATOS, QUE ESCENIFICARON NESTE DÍA E NA QUE FACÍAN INTERVIR A TODOS OS ESPECTADORES/AS RECITANDO UN RETROUSO. FIXERON UNS DECORADOS FERMOSOS E A REPRESENTACION E POSTA EN ESCEA FOI EXCELENTE. A MÚSICA FOI INTERPRETADA POR VARIOS NENOS E NENAS INTERPRETANDO PEZAS CON VIOLÍN, PIANO E GAITA.
AMOSAMOS UN PEQUENO TRABALLO DESTE FESTIVAL.


No hay comentarios:

Publicar un comentario