jueves, 10 de mayo de 2018

LECTURAS COMPARTIDAS E APADRIÑAMENTOS LECTORES

LECTURAS COMPARTIDAS E APADRIÑAMENTOS  LECTORES

ESTA ACTIVIDADE, HABITUAL NO CENTRO, É A PREFERIDA POLOS NENOS E NENAS E .PAIS E NAIS. APROVEITAMOS PARA REALIZALA NA HORA DE LER. O ALUMNADO DE PRIMARIA PREPARA PREVIAMENTE OS CONTOS, POEMAS OU TEXTOS PROPIOS PARA COMPARTILOS CO ALUMNADO DE ED. INFANTIL. 
E MOI GRATIFICANTE PARA TODOS, XA QUE ALGÚNS ESTÁN MOI MOTIVADOS POR ASISTIR Á AULA NA QUE ESTÁN OS SEUS IRMÁNS PEQUENOS. OS MAIORES SÍNTENSE IMPORTANTES, ACTIVOS, PROTAGONISTAS E OS PEQUENOS ENCANTADOS POLA ATENCIÓN INDIVIDUAL QUE LLE ADICAN. 
TEN COMO RESULTADO UN PROVETOSO E ANIMADO MOMENTO LECTOR

No hay comentarios:

Publicar un comentario