miércoles, 11 de enero de 2017

PAZ 2017 (INFORMACIÓN)

 PAZ 2017.

 Todo o profesorado acordou  celebrar a Paz o día 30 de xaneiro de 2017. Ana, mestra de música, está traballando con todo o alumnado a canción “Acuarela” do cantante Toquiño. (Ensaian en portugués). 





A partir desta canción elaborarase  un mural colectivo de todo o alumnado co seguinte título:

 PINTA O LENZO DA TUA VIDA CON ACUARELAS DE …. Paz, Amor, Ledicia, Aloumiños, Tolerancia, Igualdade, Xogos, Xustiza, Tenrura, Solidariedade, Liberdade, Respecto,Esperanza, Protección, Perdón, Amizade, Interculturalidade, Colaboración, Convivencia, Comprension, e Aperta”. 


  Tamén se elaborará un mural coa palabra “Irmandade”, (elexida palabra do ano 2016 en Galicia). As letras desta palabra entregaranse en forma de puzzle a cada aula, e decorará a parte que lle corresponda. Traballarase nas aulas  o poema “IRMAUS” de Celso Emilio Ferreiro ,está musicado por Fuxan os Ventos.

Se queres podes consultar os seguintes enlaces que che facilitamos para o traballo na aula:

ENLACES :  CLICA NAS PALABRAS IRMANDADE OU IRMAUS

                        IRMANDADE
  
                        IRMAUS