lunes, 9 de diciembre de 2013

FALADOIROS NO MUÍÑO : A AUGA NOS TEMPOS DOS NOSOS AVOS

Cantas cousas teñen que contarnos os nosos avós!
 No programa da BIBLIOTECA ESCOLAR do centro temos un apartado ao que lle chamamos FALADOIROS NO MUÍÑO . A este proxecto están invitados todos os membros da Comunidade Educativa para que compartan as súas experiencias.
 Mª Teresa Testa Pérez, avoa dunha alumna de 4º de primaria tivo a ben compartir con todo o alumnado de 4º todo o seu saber sobre o tema : A AUGA NOS TEMPOS DOS AVOS
Apoiada por unha presentación en  Power Point  elaborada por ela mesma e cedida ao Centro para a súa publicación, explicoulle aos nenos como quentaban a auga,  que utensilios utilizaban para recollela, como lavaban e tendían a roupa, a importancia das fontes na época dos nosos avós... Os rapaces aprenderon un montón,escoitaron atentamente interesados polo tema e  fixeronlle moitas  preguntas. Vaia o noso agradecemento por compartir todo o seu saber

 Amosamos a presentación titulada : A AUGA NOS TEMPOS DOS AVÓS e visionamos dous videos de todo canto con ela aprendemos.