miércoles, 2 de mayo de 2012

CÓNTAME UN CONTIÑO

Actividade moi fermosa desenvolvida na aula de Ed Infantil. A experiencia dos AVÓS, o seu bo contar, a ledicia de transmitir todo o seu saber aos máis cativos produxo escenas fermosísimas na que pasado, presente e futuro mestúranse . A tenrura dos maiores e a ledicia dos pequenos ante a súa presencia creron momentos verdadeiramente máxicos e inesquecibles na aula. GRAZAS POLA VOSA DISPOSICIÓN E POLO VOSO LABOR EDUCATIVO. AS VOSAS LECCIÓNS SOBRE A VIDA SON AS QUE CIMENTAN O NOSO FUTURO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario