lunes, 5 de abril de 2010

POLÍTICA DE PRÉSTAMOS

Confeccionamos os carnés de lectores para todo o alumnado do centro. Para facer o préstamo máis efectivo e debido a falla de horas de adicación por parte dos membros do equipo da biblioteca, decidimos formar a todo o profesorado no programa informático Meiga. O alumnado pode levar en función de préstamo ata un máximo de tres libros, tendo un tempo límite de devolución de 15 días. O propio alumnado é o encargado de deixar os libros no andel correspodente (no que deixaron previamente un marcador) e escollerá o libro que quere levar, xa que están todos a súa disposición.
Outra parte dos fondos préstanse as aulas para o funcionamento das bibliotecas de aula.

No hay comentarios:

Publicar un comentario