ANDREA MACEIRAS, AUTORA DAS SEGUINTES NOVELAS INFANTÍS E XUVENÍS:
Proxecto bolboreta, Violeta tamurana (Premio Meiga Moira), O segredo do lagarto arnal, Nubes de evolución (Premio Fervenzas literarias), Volverás, golfiño, Miña querida Sherezade (Premio Meiga Moira), Europa Express (Premio Jules Verne) y O que sei do silencio. En 2018 gana el Premio Lazarillo por Cuenta nueve estrellas.
O día 5 de marzo visita a biblioteca do CEIP Agro do Muíño para falarlle ao alumnado de 6º da súa novela "CONTA NOVE ESTRELAS".
Un libro moi ben acollido por parte do alumnado, que narraba as peripecias dunha nena nun mundo distópico no cal as viaxes estelares son posibles. A exposición tentou de explicar as orixes da historia, de onde viñan as ideas, o cal fixo que Andrea conectase moito con todos e todas xa que os seus gustos eran parellos aos dos nenos e nenas, relacionados co cine e ca literatura fantástica. Por exemplo, o libro inspírase en planetas de Star Wars e incluso unha das personaxes principais está baseada en Stich, da película de Disney. Ademais, fixémoslle un pequeno vídeo de opinión acerca do libro.
Os rapaces quedaron encantados e ao final a escritora asinoúllelos libros facéndolles un pequeno debuxo dunha das personaxes da historia. Déronlle os dous agasallos do centro e por último, plasmou a súa firma no libro de firmas do centro.
O DÍA 3 DE MARZO FINA CASALDERREY VISITOU O NOSO CENTRO.
OS ALUMNOS/AS DE 3º E 4º DE ED. PRIMARIA ESTAMOS LENDO DURANTE ESTE CURSO OS LIBROS DÚAS BÁGOAS POR MÁQUINA E O MISTERIO DOS FILLOS DE LÚA, DENTRO DO PLAN LECTOR DO CENTRO.
FOI NUHA SORTE TER A FINA ENTRE NÓS. ELA FÍXONOS VIBRAR A TRAVÉS DA PALABRA A PROFES E NENOS/AS, PRODUCINDO ESA MAXIA QUE SE ESTABLECE ENTRE O ESCRITOR E O LECTOR. ELA TEN ESA CAPACIDADE DE CONTAR SINXELO, RICO, EMBELECENDO OS TEXTOS E EMOCIONAR CON TODO O QUE CONTA E DI.
POÑENDO EXEMPLOS FIXO QUE O ALUMNADO PERCIBISE A BELEZA DOS TEXTOS, SEGUNDO A MANEIRA DE CONTALOS, ASI COMO TAMÉN AS DIFERENTES EMOCIÓNS QUE UN MESMO TEXTO PODE PROVOCAR , SÓ VARIANDO A MANEIRA DE CONTALO E TRANSMITILO.
TIVEMOS A SORTE DE PARTICIPAR CON ELA NA LECTURA DO LIBRO SOBRE O ALZHEIMER "YO, SOY YO" DÁNDOLLE PARTICIPACIÓN AO ALUMNADO SUSURRANDO AH, ES TI!!!!!
EN NOME DE TODO O ALUMNADO DO CENTRO DÁMOSCHE AS GRAZAS POR FACERNOS SENTIR A BELEZA DA PALABRA E POR CONFÍAR TANTO NA NOSA INTELIXENCIA PARA PERCIBIR A BOA LITERATURA.
GRAZAS A UXÍA DA ED. XERAIS POR FACER QUE FÓSE POSIBLE.
CARTEL ELABORADO POLO EQUIPO DE VOZ NATURA CO LEMA ROSALÍA TAMÉN É SOSTIBLE
A proposta do Concello de Ames e en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística do Centro desenvolveuse o programa , Fiestras de Rosalía, durante todo o mes de febreiro.
Esta iniciativa, posta en marcha polos Equipos de Dinamización Lingüística dos centros de ensino de educación infantil e primaria, leva a imaxe e os versos da autora aos escaparates de Bertamiráns e do Milladoiro co fin de socializar a figura de Rosalía entre a veciñanza amesá. A obra de Rosalía estará presente nas rúas do Concello como un atractivo máis do noso comercio de proximidade, para achegar así a cidadanía á súa poesía, ao seu pensamento, á súa mensaxe de rebeldía...
O alumnado do noso centro escolleu algúns textos e ilustrounos nos soportes facilitados polo Concello de Ames.
O Concello de Ames organizou o pasado venres, 28 de febreiro, un acto en homenaxe a Rosalía de Castro con motivo do 183 aniversario do seu nacemento. Na gala, celebrada no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, participou parte do alumnado do noso centro.
UN ANO MÁIS CELEBRAMOS O ENTROIDO DO CENTRO DE PORTAS ABERTAS AO QUE ASISTIRON TODOS OS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVO.
CENTRADO NO PROXECTO UN CURSO DE PELÍCULA XA VOS PODEDES IMAXINAR CALES FORON OS DISFRACES ELEXIDOS PARA CELEBRALO: SUPERHEROES, DÁLMATAS, ROMANOS, HARRY PPOTTER ETC... DESFILARON POLO NOSO CENTRO FACENDO AS DELICIAS DE PAIS, NAIS , PROFESORADO E ALUMNADO. PREPARÁRONSE DIFERENTES COREOGRAFÍAS ALUSIVAS ÁS PELICULAS REPRESENTADAS. PODEDES VELO NESTE VÍDEO. BO ENTROIDO.
Con motivo da visita ao centro dos compoñentes do programa televisivo galego "Era visto", o alumnado de 3º de E.P. preparou unha representación teatral na que reivindican a importancia da toponimia:
"O señor Xosé cae desmaiado e chaman á ambulancia para que vaia a Ames- igrexa, pero cando chega alí non hai ninguén e danse conta que deron a información mal, non era no concello de Ames senón na parroquia de Ames,..."
Rematan dita representación cun "Era visto..." que provocou as risas de todo o público asistente, incluidos os actores da serie que tanto éxito está a ter na TVG. Eles foron os primeiros en aplaudir e agradecer a actuación dos nosos pequenos, pero grandes artistas.
Disfrutade vós tamén coa obra:
Dámoslle a noraboa tamén á súa mestra e directora da obra Mari. Sodes o futuro cultural do noso país!!
O ALUMNADO DE 3º,4º,5º E 6º DE ED. PRIMARIA PREGUNTARON AOS TRES ACTORES SOBRE O MUNDO DO CINE. O TEMPO QUE LLE LEVABA FACER UNGHA SERIE, CANTAS SERIES FIXERAN, COMO SE ORGANIZABAN NO DÍA A DÍA, AS EMO0CIÓNS QUE SENTÍAN CANDO RODABAN, CANTO TEMPO LLE LEVABA A RODAXE, SE TIÑAN QUE REPETIR MOITAS VECES AS TOMAS, SE NON LLE DABA A RISA ...
CON MOITA PACIENCIA FÓRON CONTESTANDO A TODAS AS SÚAS PREGUNTAS SOLICITÁNDOLLE A MARCOS PEREIRO, COMO KEVIN ,SE PODÍA FACER A VOZ DA SERIE.
OS ACTORES ENSINÁRONLLE UN GUIÓN E INCLUSO PREPARARON UNHA PEQUENA SECUENCIA PARA REPRESENTAR "IN SITU"
APRENDEMOS NOVAS COUSAS SOBRE O MUNDO DO CINE E DISFRUTAMOS MOITO DA SÚA COMPAÑÍA.
EN NOME DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA MOITAS GRAZAS A FEDERICO, MARCOS E PATRICIA.
PODEDES VER UN PEQUENO FRAGMENTO NESTE PEQUENO VÍDEO
Virginia Curia e Tomás Conde visitaron o noso cole o pasado 6 de febreiro. Son unha parella de cineastas especializados en stop motion con personaxes modelados en plastilina e fundadores da productora Algarabía Animación dende a que dirixen e fan curtametraxes, series, campañas publicitarias
Fixeron as ledicias do alumnado de Ed. Infantil que puido disfrutar das súas explicacións e dalgunhas curtas. O noso agradecemento a Federico, pai de dous alumnos/as do Centro por facelo posible. Se queredes, podedes ver un exemplo das súas produccións en CUIDA EL AGUA. ALGARABÍA ANIMACIÓN
A DOBRAXE é o proceso de gravar e substituír voces dun medio cinematográfico, televisivo ou radiofónico para a súa internacionalización. Consiste en substituír os diálogos falados polos actores nun idioma orixinal por outros diálogos idénticos ou similares noutro idioma.
Un actor/actriz de dobraxe é aquel que da voz e se encarga de substituír os diálogos orixinais dunha produción audiovisual, a posterior, nun estudo de grabación.
O 20 de xaneiro o pai de Eva Jímenez, dobrador e locutor de radio, visitou o noso Centro para ensinarlle aos nenos e nenas de 3º de Ed. Primaria como se realizaba a dobraxe de películas. Os nenos/as prestaron as súas voces para realizar fragmentos de dobraxes de SREK E HARRY POTTER. Foi unha experiencia apaixoante e que lle provocou moita ilusión e admiración. Amosamos un pequeno vídeo coa mostra do que traballamos.
Os plásticos tomaron a Terra. A súa crecente producción ameaza con contaminar cada recuncho do planeta, especialmente os mares.
Reducir o seu uso e impacto é responsabilidade de todos. Os seus efectos sos demoledores. O uso do plástico é insostible e claro exemplo da cultura de usar e tirar. Debemos ir a orixe do problema, reducir a cantidade de plástico que se pon en circulación e apostar pola reutilización.
O ALUMNADO DE 6º DE DE ED. PRIMARIA CREOU ESTE VÍDEO PARA CONCIENCIAR DA PROBLEMÁTICA ANTERIORMENTE EXPOSTA. AGARDAMOS QUE VOS GUSTE. PARABÉNS AO PROFE ADRIÁN E AOS ALUMNOS/AS POR ESTE EXCELENTE TRABALLO.
PARA CELEBRAR O DÍA DA PAZ A PROFESORA DE MÚSICA, LOGO DE TRABALLAR A PARTE MUSICAL DA PELÍCULA LOS CHICOS DEL CORO PREPAROU CO ALUMNADO DE 5º E 6º DÚAS PEZAS MUSICAIS. UNHA INTRUMENTAL CON FRAUTA E OUTRA O CANTO CORAL.
SENTÍMONOS MOI FACHENDOSOS DO VOSO EXCELENTE TRABALLO. EMOCIONOUNOS MOITÍSIMO. TRABALLO IMPECABLE RASPACES. PARABÉNS ANA POR ESTE FERMOSO TRABALLO. AGARDAMOS QUE O DISFRUTEDES TANTO COMA NÓS