viernes, 7 de febrero de 2020

ACTORES DE DOBRAXE POR UN DÍA






A DOBRAXE  é o proceso de gravar e substituír voces dun medio cinematográfico, televisivo ou radiofónico para a súa  internacionalización. Consiste en substituír os diálogos falados polos actores nun idioma orixinal por outros diálogos idénticos ou similares noutro idioma.

Un actor/actriz  de dobraxe  é aquel que da  voz e  se encarga de substituír os diálogos orixinais dunha produción audiovisual, a posterior, nun estudo de grabación.

O 20 de xaneiro o pai de Eva Jímenez, dobrador e locutor de radio, visitou o noso Centro para ensinarlle aos nenos e nenas de 3º de Ed. Primaria como se realizaba a dobraxe de películas. Os nenos/as  prestaron as súas voces para realizar  fragmentos de dobraxes de SREK  E HARRY POTTER. Foi unha experiencia apaixoante e que lle provocou moita ilusión e admiración. Amosamos un pequeno vídeo coa mostra do que traballamos.

MOITAS GRAZAS