RODRIGO, UN ALUMNO DE 3º EXPLÍCANOS TODO O QUE SABE SOBRE A MISIÓNESPACIAL APOLO. AGRADECEMOS A COLABORACIÓN DA FAMILIA PARA FACERNOS CHEGAR AS MAQUETAS DO APOLO E DA LÚA.
VISIONADE O VÍDEO. É BEN INTERESANTE TODO QUE O ALUMNADO NOS PODE COMUNICAR.
DE 3º, ACHEGOUSE POLO COLE PARA PARTICIPAR NOS FALADOIROS DO MUÍÑO. FÍXONOS UNHA ESTUPENDA PRESENTACIÓN DO SISTEMA SOLAR IMPLICANDO MOITO AO ALUMNADO.
MEDIANTE UN XOGO SIMBÓLICO DE PISTAS ÍA VESTINDO DE DIFERENTE MANEIRA AOS ALUMNOS, QUE OS DEMAIS TIÑAN QUE ADIVIÑAR O PLANETA AO QUE ESTABA REPRESENTANDO. TAMÉN REALIZOU UN BREVE CONCURSO DE ADIVIÑAS SOBRE PLANETAS E SATÉLITES DO SISTEMA SOLAR
ACHEGAMOS PRESENTACIÓN AUTORIZADA POR BEATRIZ PARA O BLOG AGROBIBLIO
Dentro do Plan Lector do curso 2015-16 propuxémonos traballar O PRINCIPIÑO en todas as aulas do Centro dende 3 anos ata 6º de Ed Primaria.
Dende a Biblioteca Escolar do Centro ofrecéronse diferente libros adaptados aos distintos niveis para realizar esta tarefa nas aulas, así como unha recompilación de páxinas web nunha entrada específica do blog AGROBIBLIO.
Logo da súa lectura, resumida, por capítulos oU completa cada aula debería facer unha recreación sobre este libro de lectura.
Algunhas aulas decidiron realizar un texto refundido narrado polos alumnos/as e crear unha película, na que os personaxes eran os propios nenos-as. outras realizaron creativamente un novo capítulo adaptado as tecnoloxías do tempo que estamos a vivir, outras fixeron un kamishibai, teatros de monicreques en colaboración co profesorado de Ed Física, estudo dos personaxes, dos Planetas que visitaba, ou recreacións plásticas de frases célebres ou escenas que lle chamaron moito a atención. tamén contamos coa colaboración das familias nalgunha aula de Ed. Infantil.
Se tedes intención de ver o producto final animámosvos a visionar os vídeos.
"EN TODAS AS ÉPOCAS DA HISTORIA ENCONTRÁMONOS CON ASTRÓNOMAS QUE ADICARON OS DÍAS E AS NOITES AO ESTUDO DOS CORPOS CELESTES"
VÍDEO DA VISITA
TEXTO REDACTADO POLO ALUMNADO DE 5º CO GALLO DA VISITA DE JOSEFINA LING AO C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
Josefina Ling é unha muller licenciada en matemáticas na
universidade complutense de Madrid, que agora mesmo é
astrónoma do observatorio astronómico do Ramón María Aller e profesora
titular do departamento de matematiaca Aplicada da facultade de matemáticas da
USC. Membro da comisión 26 de Estrelas Dobres e Múltiples da unión astronómica
internacional e Conselleira Científica da Sociedade Astronómica de Francia.
ASÍ NOS ENTUSIASMOU
O día 27-4-2016 Josefina Ling
veu ao cole de Agro do Muíño para contarnos aos nenos e nenas de 5º e 6º de primaria moitas cousas sobre o universo
debido a que o tema da escola deste curso vai sobre iso. Unha desas historias
que nos contou foi esta:
"O primeiro observatorio astronómico de Galicia abriuse
aos ministerios do universo o 27 de septembro de 1943 fai 70 anos.O
edificio,coa máxica cúpula branca entre o verde do que agora se coñece
como Campus Sur de Compostela, fóra un
logro de Ramón María Aller, o astrónomo aficionado do Deza do que herdou o seu nome. Nos primeiros
anos da súa posta en marcha, unha muller que superaba os 30 anos asomábase ao
basto espazo dende os telescopios do lugar
absorbendo o coñecemento do mentor. Era Antoñita, Antonia Ferrín
Moreiras (O Carballiño, 1914-Santiago, 2009), a que sería “A colaboradora máis
fiel, disciplinada e meticulosa" de
Aller. Foi ela estudante e profesora universitaria que acabaría
firmando un hito para as ciencias en
Galicia: realizar fai 50 anos a primeira tese lida na facultade de
Matemáticas da Universidade de Santiago.
Dita tese – a primera sobre Matemáticas e Astronomía en
Galicia- versaba sobre as observacións
dos pasos das estrelas por dúas
verticais, e a convertiu na primeira astrónoma de Galicia, recorda José Angel
Docobo, actual director do Observatorio Compostelano, quen destaca a súa lucidez e memoria. O propio María Aller, quen a
introduxera na astronomía nos
anos 40 recén aberto o Observatorio Astronómico,dirixiu o doctorado
de Ferrín.
Como esta historia contounos moitas que nos gustaron e interesaron
moitísimo.
Cando ía marchar, unha
profesora chamada Luisa, fixolle a entrega dun diploma conforme foi a
Faladoiros do Muiño, gustoulle moito e púxose contentísima pero todavía
faltaban maís agasallos:uns pendentes de lúa e un colar moi bonito.
O CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER CO GALLO DO DÍA DA MULLER CELEBROU O 1º CONCURSO DE MARCAPÁXINAS COA PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO DOS CENTROS EDUCATIVOS DO CONCELLO DE AMES.
NORABOA A : CAROLINA GUERRA GARCÍA (ED. iNFANTIL) DIEGO CACHEIRO GARCÍA ( 2º DE ED. PRIMARIA) GAÑADORES NAS SÚAS CATEGORÍAS. OS PREMIOS FORON OUTORGADOS NA CASA DE CULTURA DO MILLADOIRO NO DÍA DA MULLER.
Tal como vos informou Carmu, a coordinadora da biblio, xa tedes á vosa disposición o material preciso para o traballo que está previsto realizar co gallo do DÍA DA MULLER, que como ben sabedes este ano llo adicamos ás mulleres astrónomas. Fixádevos que escollemos mulleres que teñen un prestixioso estudo no eido da astronomía, que dúas delas son galegas e unha terceira é astrónoma no OBSERVATORIO ASTRONÓMICO RAMÓN Mª ALLER.
LEMBRADE : Os/as participantes que teñan correctamente realizadas as actividades terán un selo para o pase ao LIBERESPAZO - Non vos esquezades que debedes consultar este documento-
UNÍNDONOS Á PROPOSTA DA A.E.L.G. O ALUMNADO ELABOROU UNHA POSTAL ILUSTRANDO ALGÚNS DOS POEMAS DE ROSALÍA DE CASTRO. LOGO DE ESTAR EXPOSTAS NOS CORREDORES DO CENTRO MANDÁRONLLA ÁS SÚAS FAMILIAS PARA LEMBRAR CONXUNTAMENTE A IMPORTANCIA DE ROSALÍA NA CULTURA GALEGA.