domingo, 7 de setembro de 2014

BOCADIÑOS DE PALABRAS

Con moita ilusión escomezamos o novo curso escolar. O proxecto que imos traballar ao longo deste curso titúlase:
 BOCADIÑOS DE PALABRAS



O nome do proxecto ten unha doble intención. Dende o equipo da biblioteca propoñemos tratar o tema dos ALIMENTOS E DA ALIMENTACIÓN , a acción de inxerir alimentos por parte dos seres vivos para conseguir enerxía que nos permitira desarrollarnos, sen esquecer a responsabilidade da escola de contribuír ao proceso da aprendizaxe da lectura e da escritura durante todos e cada un dos niveis educativos. 
   Citando a  Jaime Balmes : " A LECTURA É COMA UN ALIMENTO, NON ESTÁ EN PROPORCIÓN CO QUE SE COME, SENON DO QUE SE DIXIRE."

  E para meternos un pouquiño en tema animámosvos a visionar o vídeo do conto 
 EL INCREIBLE NIÑO COME LIBROS


                          

martes, 24 de xuño de 2014

MEMORIA FOTOGRÁFICA RIADA DE LIBROS

E xa no remate non queda máis que darvos as grazas a toda a Comunidade Educativa pola vosa implicación ao longo de todo o curso no Proxecto RIADA DE LIBROS. Todas as actividades feitas con ilusión, cariño e a participación activa de alumnado, profesorado, pais e nais de alumnos/as, Concello e outros organismos...teñen como premio a fachenda do traballo ben feito. Dende o Equipo de Biblioteca moitas grazas a todos e todas.

MEMORIA FOTOGRÁFICA RIADA DE LIBROS


luns, 23 de xuño de 2014

MAQUETA DO RÍO SAR

Este proxecto foi realizado por todo o alumnado do Centro dende 3 anos ata 6º de Ed Primaria. Realizouse en colaboración co proxecto Voz Natura e co Concello de Ames na Aula da Natureza. Amosamos un video no que explicamos os pasos que se foron dando para a elaboración total da maqueta. Comezouna o alumnado de 6º de primaria que fixo un estudo do perfil do río, dos mapas, realizou a escala e proxectou toda a base. Logo os demais cursos foron facendo o relevo, as casas, as árbores e  pintárona. No remate final foi o alumnado de Ed Infantil o encargado de facer as decoracións para a súa exposición nos corredores do Centro. Esta actividade tivo un grao de valoración moi alto por parte do alumnado e implicáronse moito na súa elaboración. Damos as grazas a Patricia, técnico do Concello de Ames pola súa valiosa axuda e polo súa implicación nesta tarefa.


                 

domingo, 22 de xuño de 2014

GUÍA DE LECTURAS DE VERÁN 2014

Qué mellor maneira de disfrutar das vacacións mergullándonos na lectura dun libro co son da auga e os aloumiños da caloriña na pel?????

   Anímate e déixate querer por algunha destas recomendacións lectoras.

domingo, 8 de xuño de 2014

VISITA LIBRARÍA COUCEIRO

O alumnado de 2º ciclo realizou unha visita á LIBRARÍA COUCEIRO. Foi unha estupenda experiencia, seleccionaron libros, colléronos dos andeis, leron e comentaron...posteriormente asistiron a un taller de encadernación no que lle explicaron as técnicas da encadernación, os instrumentos utilizados, o material das cubertas e tapas, o cosido... Finalmente asistiron á presentación do libro O NENO E A ESTRELA . Toda a xornada foi de expectativa e emoción. Grazas libreiros por abrirnos as vosas portas e darnos a posibilidade de colarnos no voso recuncho lector.

 VISITA LIBRARÍA COUCEIRO on PhotoPeach 

domingo, 18 de maio de 2014

CONTO: RECUPERACIÓN DO RÍO SAR

O alumnado de 1º de Ed. Primaria, elaborou un conto no que dou peixiños, Lili e Colorín e a súa amiga Dona Garza, fannos deter a pensar no estado no que se atopa o río Sar, e a maneira de poder recuperalo entre todos. Cunha mirada infantil, pero con moita vontade e moitos ánimos, os pequenos atopan rápido a solución : LIMPAR O RÍO Agardamos e desexamos unha pronta recuperación para este río

           

sábado, 17 de maio de 2014

EXPERIMENTOS CON AUGA

Todo  alumnado do Centro realizou experimentación coa auga. Observou, fíxose preguntas, buscou respostas... Gustoulle moito experimentar, sentir, supoñer. Bonita forma de desenvolver a creatividade e a curiosidade e sentar as bases dun coñecemento científico.
Amosamos as experiencias realizadas por un aula de 6º de Ed Primaria


martes, 6 de maio de 2014

O CICLO DA AUGA (P.Interdisciplinar, Riada de Libros)

O alumnado e profesorado  de 2º nivel realizaron unha  presentación multimedia sobre o ciclo da auga.






Traballaron moito na experimentacion dos procesos de evaporación e condensación  e na  elaboración dunha maqueta e dun mural  sobre esta temática.



CICLO DA AUGA

                    
More PowerPoint presentations from xistina

luns, 5 de maio de 2014

RÍOS DE REFRÁNS (RIADA DE LIBROS)

Dende a biblioteca, a nosa mascota LEOPOLDO, embarcou ás familias nunha nova aventura. Nesta ocasión solicitáballe ditos e refráns que tiveran a auga coma protagonista. Centos foron os que chegaron ao noso cole, e que foron ilustrados polo alumnado dende 6º de ED Primaria ata 4º. Recompilamos todos e encadernámolos nun fermoso libro. Podedes visionar unha pequeniña mostra nesta presentación.

domingo, 4 de maio de 2014

"RIADA DE LIBROS" (PRESENTACIÓNS MULTIMEDIA)

AMOSAMOS DÚAS   PRESENTACIÓNS MULTIMEDIA REALIZADAS POLO ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA SOBRE O RÍO SAR  E OS DIFERENTES TIPOS DE EMBARCACIÓNS



sábado, 3 de maio de 2014

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ (PREMIO TRASALBA)



Nunca esqueceremos as palabras de Agustín Fernández Paz nas diferentes conferencias que escoitamos, que nos emocionaron, coas que sentímonos  tan identificadas en diferentes momentos da nosa  infancia. Tivo o poder de provocar en nós moitas lembranzas lembranzas e  recordos.
 Admiramos  a Agustín e por iso sentímonos  felices  da concesión deste novo recoñecemento,o
PREMIO TRASALBA . 
Grazas MESTRE por toda a túa adicación aos ensinantes a ao ensino. 

 Neste enlace de CANAL LECTOR hai unha conferencia de Agustín que a nós nos   encanta e que recomendamos  moito a todas as persoas que amamos e queremos o ensino. Sentádevos, pechade os ollos e escoitade con moita atención. No seu remate, de seguro que acabaredes amando máis a lectura e vendo o camiño para espertar o mundo dos soños no noso alumnado.

xoves, 1 de maio de 2014

RAPEANDO A ROSALÍA

MASIDE (1952)
O alumnado de 5º versionou en rap un poema de Rosalía relacionado cos ríos, dentro da obra CANTARES GALLEGOS.

NORABOA RAPACES!!!!!!!!

HAI QUE VER QUE RAP LLE BRINDACHEDES A ROSALÍA!