xoves, 24 de xaneiro de 2013

FINA CASALDERREY NA R.A.G


A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria. 
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!

domingo, 20 de xaneiro de 2013

CARLINHOS BROWN (FICHAS DE TRABALLO)

1º PRIMARIA

1º CICLO


ED INFANTIL

DESPOIS DE LER A SUA BIOGRAFÍA, VER OS SEUS VIDEOS MUSICAIS,  INVESTIGAR SOBRE A SITUACIÓN DAS FAVELAS E DE COMPROBAR  COMO É POSIBLE MELLORAR SITUACIÓNS SOCIAIS DESFAVORECIDAS, TOCA  FACER AS SEGUINTES FICHAS DE TRABALLO.

SE QUERES VELAS CLICA NAS FOTOS

                           

2º E 3º CICLO



mércores, 16 de xaneiro de 2013

CARLINHOS BROWN NO DÍA DA PAZ

A TRABALLAR RAPACES!!!!!!!
DENDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA OFRECÉMOSVOS O MATERIAL PARA TRABALLAR SOBRE CARLINHOS BROWN, PERSONAXE AO QUE ESTE ANO ADICAMOS NO CENTRO O DÍA DA PAZ.
É MOI GRATIFICANTE PODER CONSTATAR O QUE SE PODE CONSEGUIR A TRAVÉS DA MUSICA, SE SE É QUEN DE SABER CANALIZAR TODA A SUA ENERXÍA, A SÚA ALEGRÍA E OS SEUS RECURSOS ECONÓMICOS.
 ENTRE OUTROS MOITOS PROXECTOS  E GRAZAS A ELA  :
Candeal é hoxe unha favela onde as armas e a droga deixaron espazo a un conservatorio, un estudo de gravación, un centro de saúde e unha recuperación radical da autoestima social.

martes, 15 de xaneiro de 2013

CANTEMOS: NO MUNDO (LUAR NA LUBRE)



NO MUNDO HAI TRES COUSAS QUE ME POÑEN MAL
AS GUERRAS, A FAME E A DESIGUALDAD(e)
NON SEXAS PASIVO E MÓVETE XA
AINDA HAI ESPERANZA, DEBEMOS LOITAR.

COAS GUERRAS FRACASA A HUMANIDAD(e)
É UNHA CONSTANTE DE VOLTA PRA ATRÁS
MORTE, ENFERMIDADES E DESOLACIÓN
 LEVÁNTATE, MÓVETE E DEIXA O SILLÓN

DA FAME, QUERIDOS,
QUE VOS VOU DICER
MILLEIROS DE NENOS
 NON TEN QUE COMER
 EN ASIA, E AMERICA OU EN AFRICA
 POLO BEN DESTE MUNDO SOLIDARIDAD(e)

EN ASIA, AMERICA OU EN AFRICA
POLO BEN DO MUNDO...

luns, 14 de xaneiro de 2013

MANUEL FERNÁNDEZ E CRISTINA LAMAS INTERPRETANDO

AMOSAMOS DOUS VIDEOS DA PRESENTACIÓN DE INSTRUMENTOS DA MÚSICA TRADICIONAL, DE CANTO E DE INTERPRETACIÓN.
DENDE O EQUIPO DA BIBLIOTECA QUEREMOS AGRADECERVOS A VOSA COLABORACIÓN E ENTUSIASMO CO FIN DE  AXUDARNOS A COÑECER E A SENTIR O SON DA NOSA MÚSICA.
PARA PODER ESCOITALOS CLICA NA FOTO DE MANUEL OU DE CRISTINA

CRISTINA LAMAS


MANUEL FERNÁNDEZ


domingo, 13 de xaneiro de 2013

OS PAIS E NAIS ENSÍNANOS MÚSICA TRADICIONAL

¡Vaia sorte que temos!
   Cristina Lamas e  Manuel Fernández  son nai e pai respectivamente de varios alumnos/as que están no noso Centro. Eles si saben de música tradicional e ofrecéronse para presentar e interpretar varios instrumentos da tradición galega. Os nenos/as divertíronse moitísimo e pouquiño a pouco vai penetrando, como chuvia finiña que empapa, a emoción da nosa música nos nosos cativos. Foi unha estupenda experencia. Ahhhhh!!!!! e tamén anda Moncho, o noso dire, amosando e interpretando algunha peza co clarinete. Non temos máis que palabras de agradecemento hacia eles pola súa colaboración e pola súas gañas de que este ilusionante  proxecto saia adiante.


luns, 7 de xaneiro de 2013

DESEXOS AGARIMOSOS E FELICES PARA O 2013

TECENDO FÍOS ENTRE AS DIFERENTES ACTIVIDADES QUE REALIZAMOS NO CENTRO DECIDIMOS ENLAZAR A RECICLAXE QUE ESTAMOS A TRABALLAR DENDE O PROXECTO VOZ NATURA CO PROXECTO XURDIDO DENDE A BIBLIOTECA E EIXO DO CURSO 2012-13 : TRADICIÓN E MODERNIDADE NA MÚSICA GALEGA. MOITAS DAS ACTIVIDADES DE MANUALIDADES  DO NOSO NADAL ELABORÁRONSE CON CDS E QUEDARON REQUETECHULÍSIMAS. OUTRAS ELABORARONSE CON CARTÓN E CLAVES DE SOL, OUTRAS CON PAPEIS, PAPEIS DE MANTEIGADAS  E ALGÚNS PISAPAPEIS FORON FEITOS CON PEDRAS.
A MÚSICA QUE LEVA O VIDEO É DE BERROGÚETTO E LEVA POR TÍTULO NADAL DE LUINTRA.SÓ NOS QUEDA DELEITARNOS COA SÚA DOZURA E PENSAR NA MARABILLOSA MÚSICA QUE TEMOS, ¿NON VÓS PARECE?
O EQUIPO DA BIBLIOTECA  DO C.E.I.P AGRO DO MUÍÑO DESEXA PARA TOD@S UN ANO DE BEN, DE AGARIMO, AMIZADE, E DE MOITO ÁNIMO E FORZAS  PARA DESENVOLVER A NOSA TAREFA EDUCATIVA.

martes, 25 de decembro de 2012

ESCOITEMOS O SON DA NOSA MÚSICA

E AGORA QUE MIRAMOS A EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS, NON SEMELLA QUE FALLA ALGO?
TOCA ESCOITAR
NON PODÍA SER DOUTRA MANEIRA. OLI E GUSTAVO ACUDIRON AO COLE PARA FACERNOS SENTIR O RONCO DA GAITA, O SON DO PANDEIRO, DAS TARRAÑOLAS E CULLERES, O ASUBÍO DA REQUINTA,A HARMONÍA DO ACORDEÓN ,O CHASCARRASCHÁS DO CHARRASCO, O CANTAR DOÍDO DA ZANFONA..., E ASÍ UN A UN PRESENTARON AOS NENOS/AS OS INSTRUMENTOS E O SEU SON,DELEITÁNDONOS TAMÉN CON ALGUNHAS   CANTIGAS.O SON PENETROU NA NOSA PEL TECENDO FÍOS INVISIBLES PARA CANTAR, BAILAR, IMAXINAR, RIR, CHORAR,SENTIR... E PARA SER
 

luns, 24 de decembro de 2012

EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS DA MÚSICA TRADICIONAL GALEGA

Entrade na biblio e ollade con nós a exposición de instrumentos da música galega. Fermoso video no que a tradición, a nosa cultura, as nosas raíces se mesturan nas mans dos nosos pequenos. Só coñecendo teremos a capacidade de valorar e amar  o que somos e o que sentimos. Ao son da ALBORADA DE SEVERINA do disco O PANO NON ME NAMORA de MALVELA queremos compartir o noso sentir e a nosa ilusión de espallar todo o QUE SOMOS. Agardamos que vos guste.
 

domingo, 23 de decembro de 2012

INSTRUMENTOS TRADICIONAIS NA MÚSICA GALEGA

Ao longo deste trimestre traballamos o texto descritivo. En todas as aulas describíronse  instrumentos da música tradicional galega. Previamente fixemos un traballo de documentación de cada un deles, presentacións en power point   e buscamos adiviñas relacionadas con ditos instrumentos. Amosamos un exemplo dun traballo realizado polo alumnado de 1º de primaria.


Se desexas descargar as fichas de traballo clica na imaxen

sábado, 22 de decembro de 2012

GUÍA LECTURAS DE NADAL

ESTA É A GUÍA DE NADAL ENVIADA ÁS FAMILIAS E QUE CONTÉN AS RECOMENDACIÓNS DE LECTURA ESCOLLIDAS  POLO PROFESORADO DOS DIFERENTES NIVEIS.

xoves, 20 de decembro de 2012

GUÍAS ORIENTATIVAS FAMILIAS (EDUCACIÓN PARA O LECER)

 COMO VEN SENDO COSTUME DENDE O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN ELABOROUSE ESTE TRÍPTICO PARA O ENVÍO ÁS FAMILIAS. 
  AO LONGO DO CURSO ENVIAMOS TRES DOCUMENTOS ORIENTATIVOS SOBRE TEMAS EDUCATIVOS DE INTERÉS.
  NESTA OCASIÓN DECIDIMOS ABORDAR O TEMA:
                "EDUCACIÓN PARA O LECER"