entre todos ao longo do 1º trimestre, dentro do Proxecto Documental " CONVIVINDO CON LIBROS E PLANTAS".
domingo, 15 de xaneiro de 2012
sábado, 14 de xaneiro de 2012
ADIVIÑAS NORMALIZADORAS
O Equipo de Normalización Lingüística programou, no 1º trimestre, un Concurso de Adiviñas , entroncado no Proxecto "Convivindo con Libros e Plantas". Cada semana houbo un concurso de adiviñas que esta vez, tamén tiñan que ver coas flores e plantas. Grazas polo voso pulo a prol da nosa lingua.
xoves, 12 de xaneiro de 2012
CONTA QUE TE CONTAS: ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Coa colaboración e mediación de pais e nais do noso alumnado de Ed Infantil, puxémonos en contacto coa Federación de Xordos para ver a posibilidade de que viñeran ao cole a contárlle diferentes contos utilizando, ademais doutras linguaxes, tamén a de signos.Contaron:
-LA ORUGA GLOTONA para 3 anos e 4 anos.
-LA AVESTRUZ MARILUZ para 5 anos
-LA NOCHE DESPUES DE NAVIDAD para o 1º ciclo de primaria.
Aproveitaron tamén para amosarlle aos nenos/as o vídeo de EL SUEÑO DE PEDRO, que trata sobre a problemática das persoas xordas e a eliminación das barreiras comunicativas . GRAZAS POR TODA A SÚA ADICACIÓN
mércores, 11 de xaneiro de 2012
CHARLA INFORMATIVA DO SEPRONA
Hoxe visitaron o noso Centro dous membros da Garda Civil de Seprona para dar unha charla a todo o alumnado de Ed Primaria sobre a labor medio-ambiental que eles levan a cabo e que forma parte das suas competencias e tarefas. Asemade informaron sobre as diferentes maneiras de contaminación e agresións ao medio ambiente e incidiron sobre o coidado e repecto que debemos de ter polo entorno que nos rodea. Deixáronnos un comic que queremos compartir.
luns, 9 de xaneiro de 2012
ANIMACIÓN Á LECTURA :ANXO MOURE
O gran ATRAPACONTOS, Anxo Moure, fixo unha visita ao noso cole. Engaiolounos coa súa maneira de contar e coa súa adicación ao coidado e respecto das nosas árbores e das nosas fragas. Todo o alumnado de Educación Primaria reuneuse no ximnasio, en duas sesións, para poder compartir o seu bo saber contar.
domingo, 8 de xaneiro de 2012
ADAPTACIÓN DE "CORRE, CORRE CABACIÑA"
O ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA TRABALLOU CON MOITA ILUSIÓN O CONTO DE CORRE,CORRE CABACIÑA E DECIDIU FACER UNHA ADAPTACIÓN, ILUSTRANDO NOVOS ANIMAIS QUE QUERÍAN COMER A AVOÍÑA.AO FINAL, XA VEDES, NON DABA A BASTO A AVOIÑA PARA TANTOS...
sábado, 7 de xaneiro de 2012
PROXECTO DOCUMENTAL: ÁRBORES AUTÓCTONAS
Mostra do traballo documental realizado polo alumnado de 2º ciclo no primeiro trimestre, dentro do Proxecto Anual: CONVIVINDO CON LIBROS E PLANTAS.
xoves, 5 de xaneiro de 2012
CONVIVINDO CON LIBROS E PLANTAS
XA REMATOU O 1º TRIMESTRE. A PRIMEIRA PARTE DO NOSO TRABALLO DE ED. INFANTIL E DO 1º CICLO DE ED. PRIMARIA ESTÁ XA CONCLUÍDA. OS NENOS E NENAS DE ED. INFANTIL INVESTIGARON SOBRE AS FLORES E O ALUMNADO DE 1º CICLO SOBRE AS ÁRBORES FROITEIRAS. AMOSAMOS UNHA ESCOLMA DE ACTIVIDADES LEVADAS A CABO.
sábado, 10 de decembro de 2011
10 DECEMBRO.DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

63 anos despois da súa proclamación,
segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de
decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos
Dereitos Humanos.
Necesario porque nin
tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade
de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor,
asomarse ás noticias.
Mais aínda así cabe
pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten
prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que
medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información,
da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos
coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e
de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha
biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño
do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para
acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro
idioma.
E con esa
candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares
Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado
para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas,
toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area,
queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as
nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher , cos lectores e lectoras das súas bibliotecas
a crenza firme nos Dereitos Humanos , dende o seu 1º artigo: "Tod@s
nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"

* O
bubisher
(Oenanthe
leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí
chamámoslle collalba
negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa
sorte, no dialecto hassaní é Bubchir
بوبشير (o
da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a
herba, algo moi importante para quen ten gando.
Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que
circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio...
pero con rodas!!!
Se queredes unirvos á
iniciativa de Álbumes para o Bubisher,
só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.
Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)
venres, 9 de decembro de 2011
GUÍA DE LECTURAS NADAL 2011
ESTES SON OS TÍTULOS DOS LIBROS SUXERIDOS AO EQUIPO DE BIBLIOTECA POLOS MEMBROS DOS DIFERENTES CICLOS, EQUIPOS E DEPARTAMENTOS PARA A GUÍA DE LIBROS NADAL 2011. A PRESENTACIÓN PARA OS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA ESTA FEITA NUN LIBRIÑO FEITO NA METADE DUNHA CARTULINA DIN A4.
¡QUE GOZADA PODER DISFRUTAR DELES NA QUENTURIÑA DA FAMILIA!xoves, 8 de decembro de 2011
mércores, 7 de decembro de 2011
ESTUDAMOS AS PLANTAS
ACTIVIDADE LIM PENSADA PARA OS NENOS E NENAS DE 1º CICLO DE PRIMARIA`PARA O ESTUDO DAS PLANTAS.
TAMEN PODES INVESTIGAR A TRAVES DE ESTA WEBQUEST OU VENDO A SEGUINTE INFORMACIÓN
TAMEN PODES INVESTIGAR A TRAVES DE ESTA WEBQUEST OU VENDO A SEGUINTE INFORMACIÓN
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


