- Contos:"MONSTRUOS QUERIDOS"(Contiene Guía de padres).Editorial Parramón.R1618.
- "EL BOLSO DE LISA".Editorial Parramón.R.1000.
- Poesía-Cancións:"CARTAS QUE VEÑEN E VAN".Susa Herrera.Editorial Primerapersona.(Libro con CD de cancións).R1718
- DVD:"LA SIRENITA".R.1297
- Caderno de navegacion da mochila viaxeira nº 5
mércores, 7 de abril de 2010
CONTIDO DA MOCHILA VIAXEIRA Nº 5: 1º B
martes, 6 de abril de 2010
CONTIDO DA MOCHILA VIAXEIRA Nº 4: 1º A
- Contos: A DORMIR!.(Contiene guía de padres).Editorial Parramón.R 1615
- LA INVITACIÓN.Editorial Parramón.R1001
- Poesía-Cancións:"CARTAS QUE VEÑEN E VAN"Susa Herrera.(Libro con CD de cancións).Editorial Primerapersona.R1717.
- DVD:"101 DÁLMATAS".R1359
- THE THREE LITTLE PIGS (Libro e CD en Inglés)
- caderno de navegación da Mochila Viaxeira nº 4
CONTIDO DA MOCHILA VIAXEIRA Nº3 E.INFANTIL 5B
- Proxecto Intercultural de Centro :" SOMOS DIFERENTES Y SOMOS AMIGOS".Editorial Everest.
- Sistema solar.Editorial Edilupa
- REVISTA.:CARACOLA:"Todos a jugar y pintar!"nº 241
- DVD:LITTLE EINSTEINS.La leyenda de la Pirámide dorada
CONTIDO DA MOCHILA VIAXEIRA Nº2 E.INFANTIL 5A
- Proxecto Intercultural de Centro:"EL COLOR DE LOS AMIGOS".R:1688
- Conto para durmir:"A TARTARUGA QUE QUERÍA DURMIR".R:650
- DVD:"LITTLE EINSTEINS.Una carrera hacia el espacio.R1765
- REVISTA:EL MUNDO 1999-2009
CONTIDO DA MOCHILA VIAXEIRA Nº1: E.I. 4
- Contos: "O Poliño da Abeleira".Antonio Rubio.Editorial Kalandraka.R:1603
- Proxecto Intercultural do Centro: ¿CAL É A MIÑA COR?.Antoine Guilloppé.Colección Sopa de Libros +4.Editorial Xerais.R:624
- "Teresa la marquesa".Colección Deditos a Compás.Editorial Edelvives.R:1635
- DVD:"LITTLE EINSTEINS de viaje por América.
- Revista:CARACOLA
- CADERNO DE NAVEGACIÓN Nº1
AS MOCHILAS VIAXEIRAS

Púxemos tamén en funcionamento "As Mochilas Viaxeiras" en tódolos ciclos e mesmo nos diferentes niveis de E. Infantil. Nelas metemos fondos bibliográficos, fonográficos e videográficos para o alumnado e para as familias.
Tamén incluimos un "caderno de viaxe"no que figura un mapa do Concello e que serve para que @s pais ou nais realicen aportacións escritas, comentarios, suxerencias...
A NOSA BIBLIOMASCOTA LEOPOLDO

O alumnado foi o encargado de deseñar e poñer nome á mascota da biblioteca ( Leopoldo). Leopoldo está presente como elemento dinamizador e polo tanto foi presentado a tódalas aulas do Centro, por unha nena de 6º curso disfrazada de trasno rebuldeiro que agasallaba ós nen@s cunha dramatización dun romance sobre Leopoldo que nos animaba a asistir á biblioteca.Leopoldo é tamén o protagonista das normas para uso da biblioteca.
luns, 5 de abril de 2010
HORARIO DA BIBLIOTECA ESCOLAR
A Biblioteca está aberta de 9:30 a 14:30 e de 16:30 a 18:30 tódolos días da semán ,agás os luns pola tarde. Cada títor baixa coa súa títoría o día estipulado, podendo ir tamén outros días dependendo das horas que queden libres na biblioteca ou por acordos puntuais con outros titores.Polas tardes hai un profesor de garda, segundo o turno correspondente,xa que asisten alumnos/as e mesmo algún pai/nai.Polas tardes non se realizan préstamos.
A función do profesorado do turno de tarde é a atención o alumnado e forrar os libros que van sendo catalogados e rexistrados.
POLÍTICA DE PRÉSTAMOS
Confeccionamos os carnés de lectores para todo o alumnado do centro. Para facer o préstamo máis efectivo e debido a falla de horas de adicación por parte dos membros do equipo da biblioteca, decidimos formar a todo o profesorado no programa informático Meiga. O alumnado pode levar en función de préstamo ata un máximo de tres libros, tendo un tempo límite de devolución de 15 días. O propio alumnado é o encargado de deixar os libros no andel correspodente (no que deixaron previamente un marcador) e escollerá o libro que quere levar, xa que están todos a súa disposición.
Outra parte dos fondos préstanse as aulas para o funcionamento das bibliotecas de aula.
domingo, 4 de abril de 2010
ACTUACIÓN PARA A CENTRALIZACIÓN DOS FONDOS
A meirande parte dos fondos bibliográficos están centralizados e logo pásan a formar parte dos numerosos préstamos que se fan ás diferentes aulas.O programa informático empregado é o programa "Meiga".Durante o presente curso o equipo de biblioteca procede a clasificar, organizar, catalogar e rexistrar tódolos fondos existentes na biblioteca tendo en conta a C.D.U.
Utilizamos ademáis uns códigos de cores, que colocamos no lomo do libro,atendendo os diferentes niveis lectores: amarelo(E.I. e1º Ciclo)vermello(2º Ciclo)e azul(3º Ciclo)e con diferentes formas segundo se trate de narrativa, poesía ou teatro.
Estamos pendientes nestes íntre da colocación das pegatinas referidas a título e autor.
INTERVENCIÓNS NO ESPAZO FÍSICO DA BIBLIOTECA
A biblioteca do C.E.I.P. "Agro do Muíño" está situada na planta baixa do colE e nela realízanse tamén, por falla de espazos, as reunións cos pais e nais e outras actividades relacionadas coa biblioteca ou a língua.As primeiras actuacións levadas a cabo no presente curso. O espazo físico estaba totalmente ocupado por cadeiras de brazo-pala, pol que fixemos un pequeno diseño para a sús distribución.Decidíuse dividir en dúas zonas, unha adícada audiovisuais dotada de TV, Video,pantalla e cañón, e que se aproveitará para diversos usos, entre eles o das reunións de pais e nais... e outra parte adicada a fondos e lectura.
A zona adícada a fondos e lectura está dividida en tres espazos,un adicado a E.I. e 1º Ciclo de Primaria,outro a2º e 3º Ciclo, e outro a Consultas. As zonas e espazos están divididos por andeis baixos e expositores que conteñen bibliografía axeitada para cada un dos distintos niveis lectores. A
Biblioteca contén libros que foron mercados unha parte polo centro, outra parte pola A.M.P.A., e outros foron donados polo profesorado e polos pais e nais do centro.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




