FALADOIRO: "UN ADORNO DE NADAL"
O martes 26 de novembro, tocoulle a quenda á mamá de Nuno. Trouxo fariña e sal e puxémonos a amasar. Acabou a fariña por todos os lados, pero eso sí, pasárono xenial. Por se queredes repetir nas casas a receita é unha medida de auga, outra de sal e dúas de fariña. Moi sinxelo!
Puxeron a súa pegada nun anaco de masa estirada e despois Ana levounos a cocer.
Pintámolos, cubrímolos de "brilli-brilli" e este foi o resultado:
Preme na imaxe
Moitas grazas pola túa colaboración.