jueves, 25 de mayo de 2023

Mostra de instrumentos tradicionais galegos con Pablo Seoane, artesán, mestre e músico.

O alumnado de 5º e 6º curso asistiu os días 25 e 26 de maio unha mostra de instrumentos tradicionais galegos na Biblioteca do noso centro. A mostra foi realizada por Pablo Seoane, mestre de gaita, percusión e baile galego en distintas agrupacións galegas, artesán de instrumentos de percusión tradicional galega no seu obradoiro (Obradoiro Seoane) e como músico toca todo tipo de percusións, acordeóns e sobre todo é un gran gaiteiro.