viernes, 24 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO: 23 DE ABRIL



O 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor  e desde a Consellería de Educación, Universidade e formación Profesional edítase o díptico para conmemorar este día. Este  ano o escritor Manuel Gago foi o encargado de crear un texto centrándose no poder dos libros e na lectura:



"Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín"

Podedes premer na imaxe para ver a páxina de Bibliotecas escolares de Galicia con toda a información sobre este día.

No noso centro a pesares das circunstancias excepcionais  que estamos sufrindo continuouse traballando ao redor do libro e da lectura de xeito virtual.

As mestras de infantil contáronlles contos aos seus alumnos e propuxéronlles enviar unha foto ou vídeo co seu conto preferido. Podedes velo nas seguintes ligazóns:


En 1º de primaria fixéronlles varias propostas: recomendacións lectoras, contos e xogos, carteis de decoración da biblioteca, elaboración de marcapáxinas e unha tarefa integrada centrándose na biblioteca do cole: matemáticas, lingua, ciencias e plástica. Podedes velas nas seguintes ligazóns:
 





En 3º de E.P.  propuxéronlles que enviaran vídeos ou fotos  lendo e as profes foron as primeiras en facelo. Premede AQUÍ se queredes velo.







As profes de 4º de E.P. fixeron un precioso vídeo coas lecturas recomendadas polo seu alumnado. Mirade:



Tamén elaboraron e ilustraron numerosos poemas con diferentes temáticas e nos que amosaron gran creatividade. Poidemos ver chistes, adiviñas, pareados, poemas,... e ata recitados. Mirade:


NORABOA POLO VOSO TRABALLO!!!